Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2021

Bo Nadal 2021

Imaxe
Desde o IES Lagoa de Antela deséxamosvos unhas boas festas con este vídeo tan chulo que fixo para todos e todas a nosa compañeira Rosa Alonso. Que a ilusión, a maxia e a creatividade encha de luz o corazonciño do noso alumnado para que teñan éxito no que resta de curso. A estreliña que tedes que seguir é a dos vosos soños, pensade no que queredes ser de maiores e esfrzádevos de corazón e todo sairá ben. BO NADAL 

Solsticio de inverno

Imaxe
 O noso compañeiro Iago Raposo comparte esta fermosa lembranza dos nosos maiores sobre a chegada do inverno. Que fermosa mensaxe!!

Vocabulario de Nadal - nadaliñas

Imaxe
A nosa compañeira Rosa Alonso fixo esta listaxe tan xeitosa para traballarmos o vocabulario do Nadal. Aquí un exemplo dos/as artistas máis pequenos/as do IES que empregaron o vocabulario de Nadal en galego para axudarnos a corrixir aqueles erros que cometemos a cotío cos nomes nestas datas. Así que aí vai unha de NADAL en GALEGO!! A practicar, xa non hai escusa para dicilo mal. Agora aquí deixo algunha fotiño dos traballos destes días do noso alumnado.

Que non mo neguen

Imaxe
 Aproveito o título do tema das Tanxugueiras para dicirvos, e que non mo negue ninguén, que estas sonvos as cantareiras que están na moda!!! Aínda que non é o seu último traballo quero deixar este tema pola mensaxe. Oxalá as escollan para ir ao festival de Eurovisión, unha nova xanela que se abre para a nosa lingua, falta de escenarios que lles interesen aos máis novos.

25 N

Imaxe
 O día contra a violencia de xénero sempre xera un montón de actividades e ideas que pouco a pouco van saíndo adiante. Este curso no IES Lagoa de Antela comezamos cos grafittis de Shamsa Hasani e rematamos con tatuaxes que lles ensinou a facer o profesorado de Educación Plástica para escribir un lema de denunica ou apoio da situación das vítimas deste problema de falta de respecto cara as mulleres que padecemos na nosa sociedade. Por un lado, nas titorías o alumnado traballou o tema e estableceu pontes entre a falta de dereitos e violencia en socieades tan dispares como a afgá e a nosa. Os grafittis deixaron ver a dureza da vida desas mulleres pero o alumnado foi quen de verbalizalo finalmente para poñerlle un lema a algúns deles. Por outro lado, xa tendo en conta a violencia de xénero na nosa sociedade, os rapaces acabaron redactando lemas para tatuarse na súa pel. Foi unha actividade moi chula na que participou por igual alumnado e profesorado e todo o mundo marchou contento cun prop