Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023
Imaxe
 BASES DO CONCURSO DE VIDEOCREACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2023

LETRAS GALEGAS 2023: RECURSOS

Imaxe
FRANCISCO FERNÁNDEL DEL RIEGO Páxina das Letras Galegas da RAG PRIMAVERA DAS LETRAS BANCO DE ACTIVIDADES DO PORTAL DA LINGUA GALEGA ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN   AUTODEFINIDO do escritor en Aulas Galegas   PASAGALEGO do autor de Aulas Galegas  Cadros: biografía, obras, premios, do libro de Héctora C. Vídeo San Pío X, resumo da vida de Del Riego   Documental: Don Paco, un dos nosos " Documental que repasa a vida e o legado de Francisco Fernández del Riego. Trátase dunha proposta de José A. Vázquez Taín narrada por Luís Iglesia. Elaborado pola produtora Amarola para a Xunta de Galicia " O Día das Letras Galegas: Francisco Fernández del Riego (RAG)   XOGO___Genially: Fernandez del Riego: "Tecedor de redes"

LETRAS GALEGAS 2023: ACTIVIDADES DE CENTRO

Imaxe
  LETRAS GALEGAS 2023 Para festexar a festa da cultura galega  neste ano 2023 que se dedica ao galeguista Fernandez del Riego decidimos escoller a súa obra de viaxes que leva por título Galicia . 1ª) Actividade:  CADERNO DE BITÁCORA Brown Vintage Travel Journal Notebook de Loli Cid 2ª actividade    Exposición no centro das viaxes que describe o autor na súa obra Galicia. Escolleremos algún dos espazos porque na obra abrangue a totalidade da nosa terra e faranse descricións en vídeo con efecto croma para levar ao google maps e con fotos e texto sobre un mapa de Galicia físico para expoñer no centro educativo. Para facer a exposición contamos co traballo do alumnado de Ana Escudero de EPV de 4º da eso que fará un mapa de Galicia e litografías das vilas galegas nas que recollan de forma plástica un elemento que nos traslade de inmediato a ese lugar. Vídeos Antelanos polo mundo , que popuxo Rosa Alonso ao seu alumnado. Preme para ver 3ª Actividade (Actividade interanual) REPORTEIR

PERCORRENDO GALICIA CON DEL RIEGO

Aquí os fragmentos da obra de Fernández del Riego que seleccionamos para acompañar a exposición das Letras Galegas 2023 no centro, xunto coas reportaxes do alumnado de 2º e 3º, os cadernos de bitácoras do alumnado de 1º e 2º as litografías do alumnado de 4º baseadas na obra de Galicia . Explore de Loli Cid

TV DAS LETRAS GALEGAS 2023

Este curso repetimos a TV das letras. Desta volta está inspirada na Galicia de Fernández del Riego e os nosos REPORTEIROS VIAXEIROS andan un chisco perdidos porque non levan de guía a Ramón Sanfíz. Estas son as tarxetas co guión do programa que faremos con alumnado de 4º ESO B, e unha escolla de alumnado de 1º e 2º da ESO. Uns serán reporteiros e outros cámara e meterán a veciñanza da vila de Xinzo nunha boa lea; xa que lles teñen que axudar os nosos reporteiros a dar coas localidades que queren visitar a través dunhas pistas que eles lles ofrecen.  Faremos así un percorrido pola obra e a Galicia do escritor. Letras Galegas 2023 de Loli Cid