TV DAS LETRAS GALEGAS 2023

Este curso repetimos a TV das letras. Desta volta está inspirada na Galicia de Fernández del Riego e os nosos REPORTEIROS VIAXEIROS andan un chisco perdidos porque non levan de guía a Ramón Sanfíz.

Estas son as tarxetas co guión do programa que faremos con alumnado de 4º ESO B, e unha escolla de alumnado de 1º e 2º da ESO. Uns serán reporteiros e outros cámara e meterán a veciñanza da vila de Xinzo nunha boa lea; xa que lles teñen que axudar os nosos reporteiros a dar coas localidades que queren visitar a través dunhas pistas que eles lles ofrecen. 

Faremos así un percorrido pola obra e a Galicia do escritor.

Letras Galegas 2023 de Loli Cid

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recollidada de Cantigas Populares da Limia

SAMAÍN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES