Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Tanxugueiras

TERRA - TANXUGUEIRAS

Imaxe
O tema "Terra" das cantareiras galegas Tanxugueiras toma forza para representarnos no concurso de Eurovisión. As artistas din que estes anos veñen gañando o certame temas parecidos e gañen ou non, nel amosan toda a súa forza e defenden a orixe da nosa TERRA cun canto que nos leva ao berce da nosa cultura. Desta volta non e a fouciña a que chama a se erguer e facernos valer senón o son da pandeireta que ha contaxiar co seu máxico son. Éxito!!

Que non mo neguen

Imaxe
 Aproveito o título do tema das Tanxugueiras para dicirvos, e que non mo negue ninguén, que estas sonvos as cantareiras que están na moda!!! Aínda que non é o seu último traballo quero deixar este tema pola mensaxe. Oxalá as escollan para ir ao festival de Eurovisión, unha nova xanela que se abre para a nosa lingua, falta de escenarios que lles interesen aos máis novos.