Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 2º ESO

BEGOÑA INSPIRA A NOV@S ARTISTAS

Imaxe
 O alumnado de 2º ESO, coa profe Chus Prol, traballaron as obras de Begoña Caamaño e tras escoller as frases máis relevantes realizaron as seguintes composicións plásticas.

VSITA ANXO GONZÁLEZ GUERRA

Imaxe
  Anxo González Guerra veu deleitarnos coas súas historias e vivencias en relación ao noso idioma. Enfiounas de tal xeito que algo nos contaxiou da súa autenticidade. Aproveitamos a actividade para observar a naturalidade e cercanía con que conta as historias e sermos quen de aplicalas á hora de contar contos poñendo énfase na expresividade. Actividade para o alumnado de 2º ESO celebrada o 15 de maio no mes das Letras.   Estas son as fotos da contada. Grazas Chus Prol por organizar.

HAIKUS Día da Poesía 2026

Imaxe
  Made with

OBRADOIRO DE POESÍA CON CARLOS NEGRO

Imaxe
 A rapazada de 2º  ESO, despois de ler os poemarios de Carlos Negro, tiveron a sorte de facer un obradoiro  co escritor onde xogaron coa poesía.

MICROTEATRO DE ENTROIDO

Imaxe
 Neste curso 2025-2026 o Entroido o alumnado da ESO fíxenos pasar bos momentos coas súas obras de teatro cómico no que parodiaron distintas escenas da vida cotiá. Grazas  a Estela, Chus e Xabi por dedicarlle tempo ao teatro nas vosas aulas porque a rapazada disfruta un montón.  Seis foron os grupos participantes neste pequeno concurso de microteatro e a aula gañadora foi a de 1º ESO A. Parabéns a todos e todas polas interpretación e o traballo. REPRODUTOR DE VÍDEOS NO YOUTUBE

CANDIDO PANIAGUA: 48 HORAS

Imaxe
O  venres 5 de decembro, Cándido Paniagua volveu ao seu IES, da man da nosa xefa de estudos, Ana Escudera, profesora do escritor na súa etapa no centro. Foi un verdadeiro pracer escoitalo falar dos segredos da súa obra: 48 horas, lectura que enganchou ao noso alumnado de 2º da ESO, que lle tiñan un montón de preguntas gardadas sobre a historia da novela. Tamén nos contou en primicia que está a piques de publicar outra novela, para adultos desta vez, pero que tamén ten pensado seguir publicando para os adolescentes. GRAZAS POR TODA A XENEROSIDADE E POR ESA CALMA E AMOR POLA ESCRITA QUE LLE TRANSMITICHES AO ALUMNADO.                                                     

PROXECTO MEMORIA VIVA

Imaxe
 O alumnado de 2º ESO coa súa profesora Chus Prol estivo facendo este trimestre un proxecto de patrimonio inmaterial que chamaron MEMORIA VIVA. O alumnado tivo que conversar cos avós e avoas e preguntarlle por  ditos, oracións, lendas, contos, refráns, romances, coplas, cantigas de arrolo e moito máis. Sen dúbida foi unha ocasión única para poñer en valor a sabedoría dos maiores e prestar atención aos nosos conversando con eles do que máis lles gusta.

VISITA AO NORTE DE PORTUGAL

Imaxe
 O alumnado de 2º da ESO coa súa profe de Galego e outros profesores que lles imparten clase van de visita á raia portuguesa pero da provincia de Pontevedra. A ocasión será idónea para a inmersión lingüística do alumnado ademais que cursa portugués. A disfrutar destas vilas tan fermosas FOLLETO DA ACTIVIDADE

CANTAREIRA: MATILDE DE SAN PEDRO DE LAROÁ

Nesta entrada do noso blog deixamos as cantiga recollida spor Hugo de 2º da ESO, que foi visitar á señora Matilde na súa casa museo en San Pedro de Laroá e viñeron fascinados pola súa sabedoría e xenerosidade. Son unhas cantigas ben especiais que deixamos para que poidades escoitar e cantar. NANA escrita pola cantareira e corista  LETRA I o meu meniño ten sono e non se quere durmir, cérranselle os olliños e xa nonos pode abrire. Durme meu meniño durme, que túa mai logho vén-e que foi lava-los cueiros ó regheiro de Reghene. Durme anxiño do ceo, que te quero ver durmire cuises olliños abertos pareces un querubín-e. Durme meu carrapuchiño túa nai ten que faghere; teño que fia-lo liño, ir lavare e cosere. Cala meu meniño cala cala deixa de chorare, que túa nai logo chega que xa acabou de lavare. Por fin cerrach´os olliños, estabas moi cansadiño. descansa meu corazón e soña cos teus anxiños. DESAFÍO LETRA COMPLETA Ei vos vai o desafío mozas do pano marelo. Hei vos vai o desafío pola pun...

REPORTAXE ERMELINDA DO MUÍÑO, CANTAREIRA

Imaxe
  Roi Mellado fixo un traballo completiño dedicado cantiga popular e afondou na voz de Ermelinda do Muíño, unha cantareira de Sarreaus que ao mellor vos soa de ver polo programa de Alalá da TVG. Vídeo Programa Hermelinda do muíño de Roi Mellado Terrados

POETIZAR A LIMIA

Imaxe
  Este curso o alumnado de 2º ESO saíu para celebrar o día da poesía ás rúas de Xinzo e levaron a cabo unha intervención que consistiu en buscar comerciantes que lles recitaran versos que previamente traballaron na casa. Rosa e Belén acompañáronos ata a vila.

OS 13 ANOS, produción introspectiva sobre a adolescencia

Imaxe
 Estrella Gómez, 2º eso B, trata de expresar con debuxos e texto, todo feito por ela, o duro que poden ser os 13 anos, unha idade chea de dúbidas existenciais relacionadas coa identidade.

VELLOUCAS & MINCHAS

Imaxe
A novela Velloucas a& minchas ,  de Lorena Conde da editorial Cuarto de inverno ,  foi  III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Esta novela inspirou o alumnado par afacer un xogo: E tamén inspirou as alumnas de 2º C que fixeron unha película por capítulos do libro que leron con Noe e este foi o resultado:

INTERCAMBIO XINZO-RIANXO II

Imaxe
Hoxe, 19 de xuño, tocou recibir ao alumnado e profesorado do I ES Felix Muriel de Rianxo . Despois de descubrirmos as Dunas de Corubedo e a vila literaria de Rianxo , tocábanos como anfitrións amosarlles a vila de Xinzo e os arredores aos nosos compañeiros da costa. Ben seguro que aquí non viron o mar, pero si puideron imaxinar desde o alto do castelo de Pena como foi a Lagoa máis grande da Península antes de que decidiran desecala e convertela no que hoxe vemos, terreos de cultivo.  Tamén visitamos o Museo do Entroido , fixemos unha xincana para que descubriran os recunchos da vila e algo da nosa historia. Finalmente, ameazados polas treboadas que viñan de San Mamede corremos lixeiros ao cole a facer difetentes obradoiros e coñecer ese espazo creado dentro do marco do Proxecto de Biodiversidade inclusiva e baixo o amparo das ESCOLAS AZUIS que nos puxo en contacto co IES de Rianxo, xa que somos as dúas escolas neste marco.