Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

PROXECTO COLABORATIVO GALICIA NOMEADA

Imaxe
Onte foi 26 de maio e tivemos a sorte de contar coa presenza no centro de Vicente Feijoo Ares.  Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, actualmente divide o seu tempo entre a tese doutoral que está a facer sobre Os nomes dos penedos en Galicia e traballar en xeral por salvagarar o noso patrimonio inmaterial a través dos nomes do territorio. Xa leva 23 anos no eido do traballo coa toponimia o que lle déron para coordinar o desaparecido Proxecto Toponimia de Galicia, para formar parte do Seminario de Onomástica da RAG, da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, da Comisión Especializada de Nombres Geográficos (Ministerio de Fomento). Actualmente ademais é coordinador da Unidade Técnica de Toponimia da RAG, e do proxecto colaborativo GALICIA NOMEADA , lugar no que nace a súa campaña de divulgación TOPONIMÍZATE , e asesor dos micro-documentais Os nomes da nosa terra .  Sen dúbida algunha hoxe o alumnado quedou cunha tarefa pendente na súa axenda, ser os gardiáns e as gardi

CONCURSO DE NARRACIÓN CURTA CARLOS CASARES

Imaxe
Corre!!!  Seguro que tes algunha boa historia que contar. O día 5 de maio remata o prazo para presentar os teus textos!!! Preme na ligazón para ver as bases    BASES