SEMANA EUROPEA DA ARTESANÍA
A colaboración co Proxecto de biodiversidade inclusiva ofreceunos a oportunidade de que o alumnado participara grazas a unha axuda da Unión Europea, a Artesanía de Galicia e ao propio concello de Xinzo en varios obradoiros de cestería (alumnado de 1º e 3º ESO) e outro de alfarería (4º ESO). Fantástico traballo e semana ao grande no cole con meios locais e autonómicos que se fixeron eco da actividade. OBRADOIRO DE BARRO EXPOSICIÓN DE ALFAREIROS DA ZONA OBRADOIROS DE CESTERÍA