Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

A LUSOFONÍA

Imaxe
  Carla , de 2º ESO D, ensínonos as múltiples posibilidades que se abren para un galego a través da lingua portuguesa. Despois de ver o vídeo xa podedes presumir de lingua!!   Este outro vídeo da lusofonía é de Antón e Ismael , tamén de 2º ESO D

CARTAS DE INVERNO E A PINTURA

Imaxe
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz foi a lectura común para o alumnado de 1 eso na primeira avaliaciòn. A novela permitiu ao alumnado facer unha viaxe no tempo a través da Arte. Adrián, e artista de gravados e protagonista, merca en Galicia unha casa chea de mostras de gravados prehistòricos, petròglifos , e ademais, cun tesouro agochado no faiado: unha escolma de artistas de gravados do século xvi ao xx. Un deses gravados, A nena da ventá de Dali , cobra vida e comeza a comunicarse co protagonista ata o punto de atrapalo dentro da casa ata q sucumbe nas garras do monstro q encerra a cripta do labirinto de Mogor. Trala lectura, investigamos un chisco a q época pertencían os petròglifos galegos , cales eran as formas habituais e o significado e intentamos reproducilos a través da técnica do esgrafiado. Por outra parte o alumnado de 1b buscou informaciòn sobre os pintores da escolma , os seus estilos e cadros máis coñecidos. O alumnado de 1C fixo o mesmo pero buscando informaci

BOOKTRAILER: CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE

Imaxe
As alumnas de 2º ESO D, Lucía Cuquejo e Antía Figueiredo , anímanvos a ler o libro de Xabier Docampo , Cando petan na porta pola noite a través deste vídeo que capta todo  o suspense que o decorrer das liñas dos cotos deixan no lector/a. De seguro que a vós tamén vos gusta tanto o libro como a elas. Xa verás!!

HISTORIA DA LINGUA GALEGA

 O alumnado de 1º ESO A fixo estas infografías sobre a historia da lingua galega tan chulas. Este fíxoo Noa Gomez Este segundo fíxoo Hélder Morais E o último é de Samuel Santana Agradecidos pola claridade coa que presentan estes contidos que non sempre resultan atrativos ao alumnado. Bo traballo!!