CARTAS DE INVERNO E A PINTURA

Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz foi a lectura común para o alumnado de 1 eso na primeira avaliaciòn.

A novela permitiu ao alumnado facer unha viaxe no tempo a través da Arte.



Adrián, e artista de gravados e protagonista, merca en Galicia unha casa chea de mostras de gravados prehistòricos, petròglifos, e ademais, cun tesouro agochado no faiado: unha escolma de artistas de gravados do século xvi ao xx.

Un deses gravados, A nena da ventá de Dali, cobra vida e comeza a comunicarse co protagonista ata o punto de atrapalo dentro da casa ata q sucumbe nas garras do monstro q encerra a cripta do labirinto de Mogor.

Trala lectura, investigamos un chisco a q época pertencían os petròglifos galegos, cales eran as formas habituais e o significado e intentamos reproducilos a través da técnica do esgrafiado.

Por outra parte o alumnado de 1b buscou informaciòn sobre os pintores da escolma, os seus estilos e cadros máis coñecidos.

O alumnado de 1C fixo o mesmo pero buscando informaciòn sobre os pintores e pintoras galegos.
Cartas de inverno é unha novela moi completa q nos achega á nosa cultura e literatura, á mitoloxía clásica ou á pintura. A parte diso o suspense consegue captar a atenciòn do lector ata as últimas liñas da historia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

AS OBRAS DE TEATRO DO ENTROIDO