Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta neofalantes

PROXECTO APADRIÑA UN NEOFALANTE

Este curso temos moitas aulas nas que  vai chagando alumnado de  Sudamérica e lonxe de ir aprendendo o galego arrastran a moito alumnado a falarlles castelán. Se a isto sumamos que a comarca, sobre todo a vila cada vez está máis castelanizada... pois iso levounos a poñer en marcha este Proxecto. PARTICIPAS????? Pasos a seguir .   1º) Un alumno/a galegofalante debe buscar un alumno/a non galegofalante e apadriñalo ou amadriñalo.   2º) Para iso debe comunicarllo ao docente de galego.   3º) Cada semana os padriños e madriñas terán un reto, que vai ser ensinarlle pouco a pouco vocabulario e expresións útiles para expresarse en lingua galega.   4º) Ao final da semana ambos alumnos/as deben gravar unha pequena conversa na que se vexa aprendizaxe desa semana.   5º) Os vídeos poden difundirse polas redes sociais propias e ao mesmo tempo deben de enviarse ao correo de normalización para podelos ir xuntando todos na nosa canle de You...