O alumnado de 2º ESO, coa profe Chus Prol, traballaron as obras de Begoña Caamaño e tras escoller as frases máis relevantes realizaron as seguintes composicións plásticas.
O alumnado de 1º BAC investigou e elaborou canvas para difundir a imaxe e obra das mulleres ás que se dedicou ao longo do tempo o Día das Letras Galegas. A exposición gañadora foi a de Daniel Rodríguez. TODAS AS EXPSICIÓNS
TRAS REALIZAR OS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE AS MULLERES DAS LETRAS E SOBRE AS PERSONAXES DAS OBRAS DE BEGOÑA CAAMAÑO ESTA FOI A EXPOSICIÓN FINAL. TRABALLO DO ALUMNADO DE 1º BAC
Anxo González Guerra veu deleitarnos coas súas historias e vivencias en relación ao noso idioma. Enfiounas de tal xeito que algo nos contaxiou da súa autenticidade. Aproveitamos a actividade para observar a naturalidade e cercanía con que conta as historias e sermos quen de aplicalas á hora de contar contos poñendo énfase na expresividade. Actividade para o alumnado de 2º ESO celebrada o 15 de maio no mes das Letras. Estas son as fotos da contada. Grazas Chus Prol por organizar.