Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 1º ESO

Xogo de mesa para saber canto les: MAXIA D EPEDRA

Imaxe
As lecturas voluntarias van deixando cousiñas, aquí vos deixo o xogo da escaleira coa novela Maxia de  Pedra, feito por Lucas Camino, de 1º ESO B.

PAULA CARBALLEIRA, CONTACONTOS

Imaxe
Foto da web https://festivalabrapalabra.es/participantes/paula-carballeira/ Esta semana volvemos ás aulas e nada mellor que facelo coa visita de Paula Carballeira, unha convidada que é máis ca da casa, e sempre nos vén contar uns contos todos quedamos encantados, o alumnado e a artista.  Por motivos de saúde adiamos para este día a sesión de contacontos, xa nos quedaba lonxe a lectura dos Trece avisos , pero oalumnado de 1º ESO tivo un agasallo ben lindo na volta ao Instituto.

Dígocho eu: Animais ecosistema de auga doce

Imaxe
  Neste post deixamos algúns dos vídeos do alumnado no que se traballaban o vocabulario específico dos animais do ecosistema de auga doce, para intentar fixar as formas galegas e eliminar castelanismos. Esta foi a nosa pequena contribución dende a materia de Lingua Galega ao proxecto da charca no centro, no marco do Proxecto de Biodiversidade Inclusiva que organizan Bioloxía e EPV e que desenvolvemos durante todo este curso en 1º ESO no IES Lagoa de Antela.

PROMOCIONAMOS A LECTURA

Imaxe
 O alumnado de 1º eso participou no concurso de creación publicitaria para animación da lectura como unha das moitas actividades que se levaron a cabo no IES Lagoa de Antela neste mes de abril. O anuncio gañador foi o de MIA CELESTE, de 1º ESO E.  Os anuncios dos demais participantes: