Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta IES Cidade de Antioquía

ROTEIRO DAS CANTIGAS TRADICIONAIS DA COMARCA DA LIMIA

Imaxe
Neste mapa de Google podedes atopar un pequeno roteiro para escoitar as cantigas tradicionais galegas que recolleu o alumnado do IES Lagoa de Antela. Grazas ó inmenso traballo do profesor de plástica, Horacio, e a financiación do Concello de Xinzo de Limia, hoxe locen fermosas nas vidreiras dos lugares que aparecen marcados no mapa cunha nota musical azul. Séguelle a pista e bótate a cantar!! Este ano as Letras Galegas visibilizan a importancia dun legado que moitas veces estivo de portas para dentro, coma as súas protagonistas.  Grazas a todas as familias da comarca da Limia que participaron no proxecto e fixeron posible que teñamos tantas cantigas, e as que aínda nos están a chegar e non puidemos imprimir!!

CONCERTO DIDÁCTICO UGÍA PEDREIRA

Imaxe
 O 24 de xaneiro, Ugía Pedreira visita o IES para ofrecer un concerto didáctico a un grupo de 60 alumnos e alumnas dos dous intitutos da vila. Grazas a Noemí por coordinar tanta actividade linda.

Concerto Katya Teixeira

Imaxe
 A brasileira Katya Teixeira visita os IES da Limia por mediación da Arca da Noe para que o noso alumnado de portugués poida disfrutar da cantora brasileira.

REGUEIFA CON SECHU SENDE E OS SEUS REFEITEIRXS

Imaxe
 O alumnado de 3º eso tivo unha xornada de poesía improvisada e reigueifaron con Sechu Sende e o alumnado do Marco de Camballón de Vila de Cruces que nos viñeron ensinar. Todos contentísimos. Actividade organizada co IES Cidade de Antioquía e con axuda de Noemí e a Arca da Noe.

CONCERTO NANAN

Imaxe
20 de maio de 2024 o alumnado de portugués non vai esquecer este lindo concerto do brasileiro NANAN .  Unha actividade máis que organizamos entre os dous IES da Limia e que desta volta ocorreu no patio do Cidade de Antioquía. O alumnado hoxe comentou que gostou muito do concerto!!!! Na súa canle de Youtube podedes seguir a escoitalo. OBRIGADÍSIMAS  NANAN. ADORAMOS A SÚA MÚSICA!! SORTE DE ALUMNADO!!!  

VIAXE CULTURAL DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA - LISBOA

Imaxe
 O alumnado de portugués do IES Cidade de Antioquía e do IES Lagoa de Antela, acompañadas das docentes fixeron unha visita ao país luso para coñecer un deperto a  súa cultura e ter a oportunidade de falar a lingua que estudan na aula. PLAN DE VIAXE  18 MARZO 2024 Saída de Xinzo entorno ás 9:00 horas con destino a Lisboa parada para visita guiada pola cidade de viseu e xantar continuación da viaxe ata chegar a destino - distribución de aloxamento e descanso. 19 MARZO 2024 Comezo do día ás 8:00 - pequeno almoço visita á escola de odivelas para realizar actividades Entrada ás 10:00 - xantar desprazamento ao centro da cidade para facer un percurso a pé polas rúas máis representativas de lisboa retorno ao aloxamento - cea e descanso 20 MARZO 2024 Comezo do día ás 8:00 - pequeno almoço saída para visita guiada ao museu e estadio do benfica -xantar no parque das nações e tempo libre visita guiada ao oceanário de lisboa retorno ao aloxamento - cea e descanso 21 MARZO 2024 Comezo ...

SECHU SENDE VISITA O LAGOA

Imaxe
  Este luns Séchu Sende veu ao Lagoa para falar da súa obra Made in Galiza e mais da regueifa. Tanto o alumnado do Lagoa de Antela como do Cidade de Antioquía aproveitaron un obradoiro ben interesante co noso escritor.

ASÍ FOI O DÍA DE ROSALÍA NESTE 2023

Imaxe
Nesta entrada quedan organizados os resultados de todas as actividades que este curso se celebraron no IES Lagoa de Antela e nas que colaboraron os departamentos de Linguas, de EPV, Vicedirección, EDLG do noso IES e do Cidade de Antioquía. ROSALÍA VIAXEIRA Con esta actividade os alcaldes e alcaldesas da comarca da Limia deron vida á poesía da autora na súa voz e recitaron para todos os veciños e o alumnado algúns dos poemas da autora. ROSALÍA NA TÚA MAN Esta actividade xurdiu coa intención de achegar a música de Rosalía á veciñanza ce Xinzo de Limia e aos seus visitantes a través da música dos poemas da escritora.  Para iso realizouse unha exposición de 14 poemas que con financiación do concello de Xinzo. Logo un grupo de alumnos/as de 2º  e 4º eso pegou en lugares estratéxicos da vila os paneis e ían explicando en que consistía a actividade. Na mesma rúa cando nos atopabamos con xente coñecida ofrecémoslle a posibilidade de escoitar un poema de Rosalía a tan só un clic no seu...