NÓS TAMÉN COCIÑAMOS
Un ano máis o proxecto Nós tamén cociñamos déixanos agasallos fantásticos. Este proxecto máis alá de traballar o léxico das comidas e dos alimentos en xeral, implica as familias no proceso de ensinanza aprendizaxe. A veces as receitas son conxuntas, a veces a familia cociña e o alumnado explica e os máis valentes fano soíños: cociñan, gravan e deixan todo limpiño. A actividade ten sempre moi boa acollida e todos e todas nos queren amosar o ben que se lles dá facer a comida. Aí vai un reprodutor cuns cantos exemplos.