Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta musica galega

Entrevista XISCO FEIJOO

Entrevista de Roi Mellado a Xisco Feijoó, cantante e bailarín galego, cunha ampla traxectoria na música tradicional galega.   Fíxose tardar pero o alumno finalmente a través da súa profesora fíxonos chegar esta fermosa entrevista. Sen dúbida Roi é un dos alumnos máis activo do EDLG e con máis inquietudes e preocupacións culturais e de identidade.  Desexámoslle moito éxito no seu novo centro de ensino. Grazas por todas as achegas. RadioLagoa · Entrevista Xisco

CONCERTO KIT MOUNT

Imaxe
 Este venres 13 de xuño pudiemos asistir no Cidade de Antioquía a un concerto do cantante Kit Mount. O limiao, de volta ao seu institututo da man de Noemí da Arca da Noe e das súas ex-profesoras, estivo arroupado por alumnado de ambos IES para facer a súa música e no seu galego, o da Limia.