Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

HISTORIA DA LINGUA

Imaxe
O alumnado de 1º ESO A realizou infografías sobre a historia da nosa lingua que a profe, Rosa Alonso, xuntou para todos nunha revista dixital que podedes ler na ligazón. Bo traballo pequechos/as. REVISTA HISTORIA DA LINGUA

Letras Galegas Florencio Delgado Gurriagarán

Imaxe
  Materiais sobre o autor RAG Primavera das letras (caderniños chulos e actividades interactivas) Seminario Galán Listaxe do portal da  Lingua de actividades dinamizadoras de diferentes centros de Galicia Telexornal Florencio - CPI Os Dices Biografía San Pío X, Ourense Vídeos da RAG Escolma de versos para fotografía - 4º ESO Escolma de poemas do autor para traballar co alumnado O caderno de actividades sobre a exposición das Letras de 2022

MÁXIA DE PEDRA

Imaxe
O alumnado de 1º ESO do noso IES estivo a ler Maxia de pedra , de Xabier Domínguez e Alba de Evan, coautores desta noveliña que conxuga a maxia dos druídas celtas coa pericia dos romanos e máis as aventuras dunha intrépida mociña en Vigo da época actual . Estes son os traballiños do noso alumnado. CAIXAS DE LECTURA PRESENTACIÓNS SOBRE A NOVELA

XOGAMOS A LER? DÍA DO LIBRO

Imaxe
O alumnado de 1º e 2º da ESO tras ler as obras que lles propuxemos na segunda avaliación realizaron uns orixinais traballos nos que afondaban en diferentes elementos da narración pero dende a vertente máis lúdica.  Non deixedes de mirar estes a exposición do Día do Libro no edificio B do IES lagoa de Antela. Grazas polo esforzo e o traballo.

VIDEOPOEMAS

Imaxe
O alumnado de 1º da ESO na semana da poesía estivo moi creativo, déuselles por recitar e moitos fixérono xenial. Incluso se animaron a participar no concurso de videopoemas que organizaba o ENDL e a  Biblioteca do IES. Mirade a ver cal vos gusta máis. Podedes deixar un comentario dicindo cal é o voso favorito.

BOOKTRAILERS I

Imaxe
Na segunda avaliación a nosa compañeira Rosa Alonso animou ao alumnado a que se iniciara na produción de vídeos coas lecturas que tiñan en cada aula. E o resultado non pudido quedar mellor. Bo traballo compañeira e noraboa aos cativos/as. O inferno de Marta , Volverás Golfiño , Cando pentan na porta pola noite ou Mamá quero ser Ziggy Stardust , son os títulos que motivaron estes traballiños.

VIDEOPOEMAS - DÍA DA POESÍA 2022

Imaxe
O alumnado de 4º da ESO editando vídeo a partir dos versos dos nosos escritores e recitando con esas voces tan fermosas, bo traballo!!