Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2021

TODAS SOMOS ELAS

Imaxe
 Música para o 25 M. Para que ningunha outra muller teña sufrir nesta socieade onde se instaura o micromachismo en cada xiro da vida de moitas de nós. 

OBRADOIRO DE REGUEIFA

Imaxe
 A regueifeira Lupe Blanco e o regueifeiro Josito visitaron o IES Lagoa de Antela para facer un obradoiro de poesía improvisada co alumnado de 2º da ESO e quedaron encantados.  O alumnado puido comprobar que é unha tradición moi nosa e que moitas veces se relaciona coa celebración do entroido.

RESULTADO DO CONCURSO DE SAMAÍN

Imaxe
  O resultado do concurso de relatos curtos deste Samaín 2021 foi otorgado a un alumno de 1º ESO e unha alumna de 2º ESO ex aequo .  Así de alegres estaban o/as artistas Ambos textos gustaron moito ao xurado. Aquí os tedes para que vós tamén os poidades ler. Brais Conde (1º ESO B) A LENDA DO BURATO DOS MOUROS María era unha nena de Bóveda, un pequeno pobo ao pé do Monte do Castelo. Bóveda era unha aldea fermosa e acolledora, chea de xente, case toda labrega. María tiña 8 anos e era unha nena intelixente e curiosa, á que lle gustaba ler e xogar cos seus irmáns. Un día, a súa nai mandouna ao Monte do Castelo a gardar as vacas. María estaba soa e aburrida. Para pasar o tempo buscou unhas pedras para xogar ás casiñas. Colleu pedras grandes e outras máis pequenas e de todas as cores. Entón, viu uns obxectos brilantes. Achegouse intrigada. Entre as herbas e os caxatos, alí estaban unhas taciñas que parecían de ouro. María alegrouse moitísimo, pero pensou: “terán dono?”  Non sabía se collelas
Imaxe
  Este curso repetimos obradoiro de regueifa. O 22 de novembro  o alumnado de 2º de ESO recibirá a visita de Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, dous mestres da improvisación. Como aperitivo repoñemos unha simpática e didáctica regueifa que elaboraron xa hai uns cantos anos alumnas e alumnos do instituto