Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023

SAÍDA DIDÁCTICA AO VAL DA XÁLIMA E PORTUGAL

 Mañá día 30 o alumnado de portugués e colaboradores do EDLG saen de visita ao Val de Xálima e Portugal e estes días fixeron unha busca de información e xogos sobre os lugares que van visitar, xa que serán os guías da excursión. Aproveitarán a saída para gravar mostras da Fala e conversar en portugués.   EXPOSICIÓNS E XOGOS DO ALUMNADO DE 2º ESO A-B PRESENTACIÓN SOBRE A FALA    PRESENTACIÓN SOBRE SAN MARTÍN DE TREVEJU   PRESENTACIÓN XOGO SOBRE AS ELLAS PRESENTACIÓN SOBRE SAN MARTÍN DE TREVEJU PRESENTACIÓN XOGO SOBRE VALVERDE DE FRESNO   PRESENTACIÓN COÍMBRA XOGO SOBRE COÍMBRA PRESENTACIÓN GUIMARAES

21 MARZO: DÍA DA POESÍA

Imaxe
 Este 21 de marzo, DÍA DA POESÍA, xogamos a crear e compoñer poesía de forma colaborativa e aquí unha pequena mostra de parte do traballo das dúas últimas horas de hoxe. Alumnado encantado e esperando que haxa mañá día da poesía de novo. Seguiremos publicando máis traballos porque o Día da Poesía sempre é dos máis creativos e produtivos.

ASÍ FOI O DÍA DE ROSALÍA NESTE 2023

Imaxe
Nesta entrada quedan organizados os resultados de todas as actividades que este curso se celebraron no IES Lagoa de Antela e nas que colaboraron os departamentos de Linguas, de EPV, Vicedirección, EDLG do noso IES e do Cidade de Antioquía. ROSALÍA VIAXEIRA Con esta actividade os alcaldes e alcaldesas da comarca da Limia deron vida á poesía da autora na súa voz e recitaron para todos os veciños e o alumnado algúns dos poemas da autora. ROSALÍA NA TÚA MAN Esta actividade xurdiu coa intención de achegar a música de Rosalía á veciñanza ce Xinzo de Limia e aos seus visitantes a través da música dos poemas da escritora.  Para iso realizouse unha exposición de 14 poemas que con financiación do concello de Xinzo. Logo un grupo de alumnos/as de 2º  e 4º eso pegou en lugares estratéxicos da vila os paneis e ían explicando en que consistía a actividade. Na mesma rúa cando nos atopabamos con xente coñecida ofrecémoslle a posibilidade de escoitar un poema de Rosalía a tan só un clic no seu móbil, x