Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2023

BOOKTRAILER: Cando petan na porta pola noite

Imaxe

RAP NADAL - 1º ESO

Imaxe
Este Nadal o alumnado de 1º ESO compuxo os seus vilancicos e cantounos cun ritmo ben urbano. Velaquí o resultado. Audios Velaquí o resultado. Letras Vilancico 1º ESO D Este é o noso Nadal de turrón e mazapán. Ven con nós disfrutar, ven bailar, ven cantar, que ben o pasarás. Tírate pola neve, toma un chocolate ben quente!! Este é o noso Nadal ven á Limia bailar. Coidado coas 12 uvas non te vaias atragoar, non acabes no hospital!! E baila, baila sen parar, que o ano está para gozar!! Este é o noso Nadal ven á Limia bailar. Os Reis están a chegar con Melchor, Gaspar e "Basaltar"!! traen agasallos para dar non te portes mal, ou carbón levarás. Este é o noso Nadal ven á Limia bailar. Vilancico 1º ESO E Coidado co Nadal agora está a chegar esta é a época do amor e da paz. Ollo! Non te deixes enganar, pola mensaxe comercial! Todo o ano a traballar para agora disfrutar do noso Nadal tan especial! Agasallos conseguirás, non te portes mal! a árbore está a rebentar. paisaxes brancas ve

NADALIÑAS 2023

Imaxe
Aquí deixamos algunhas das Nadaliñas do alumnado de 3º ESO de EPV para o concurso deste 2023.

Música para un Nadal galego

Imaxe
Esta canciòn de Nadal convídanos a todos a querernos un chisco máis e consumir menos. Fantástica a Gramola Gominola coa súa mensaxe.   O rap metal do Nadal  Outras cantas canción para un Nadal en Galego Volver a casa por Nadal - Xabarín e Xababanda O Apalpador - Gramola Gominola     O Apalpador _ Mamá Cabra _ Linguaxe de signos                                      O Apalpador - Brinca Vai E para cociñar en galego no deixes de seguir o blog de Media Laranxa . Ademais de aprender a facer estupendos pratos para estas festas aprenderás como se chaman todos os alimentos en galego. Para saber máis sobre a festa do Nadal en Galicia e as nosas tradicións populares. Cantigas de Nadal

SECHU SENDE VISITA O LAGOA

Imaxe
  Este luns Séchu Sende veu ao Lagoa para falar da súa obra Made in Galiza e mais da regueifa. Tanto o alumnado do Lagoa de Antela como do Cidade de Antioquía aproveitaron un obradoiro ben interesante co noso escritor.

PALABRA DO ANO EN GALEGO

Imaxe
 Preme na imaxe e vota a que máis che guste!!

AQUÍ TAMÉN SE FALA

Imaxe
 Na derradeira semana de decembro antes do descanso o EDLG IES Lagoa de Antela e todo o alumnado colaborador emprede a campaña de dinamización da lingua galega na vila de Xinzo de Limia. Esta iniciativa que naceu na cidade da Coruña xa se espallou por toda Galicia e hai máis de 100 centros colaborando para visibilizar a nosa lingua. 

ETNOGRAFÍA: A CESTERÍA

Imaxe
 Este curso o alumnado de 1º ESO volve a traballar sobre o patrimonio material e inmaterial da comarca a través do Atlas da Limia Pequeniña.  A novidade é que ligamos o noso proxecto co proxecto de biodiversidade das materias de Bioloxía e EPV. De aquí os traballos sobre os cestos na comarca. TRABALLO DE LEO TRABALLO DE ROI MELLADO