Este 2025 as Letras Galegas foron dedicadas ás cantareiras e pandereteiras para visibilizar o papel da muller como transmisora do noso patrimonio inmaterial entre outros motivos. Sen dúbida a música tradi está máis de moda ca nunca entre os artistas galegos de hoxe, non só as Tanxugueiras, Fillas de Casandra ou Xabier Díaz, senón tamén artistas coma os que visitaron o noso centro, por exemplo: Xisco Feijoo ou Mondra, manteñen viva a nosa tradición adaptándoa cada un dun xeito singular e único. No noso IES son moitos os alumnos/as que se dedican no seu tempo de lecer a cantar ou tocar, xa que a Vila conta con conservatorio e escola de gaitas como dous dos varios axentes dinamizadores da cultura na vila. As nosas pandereteiras, dende as pequenas de 1º ESO ata as rapazas de Bacharelato: Mencía, Nía, Aldara, Naila, Daniela, Antías, Sandra, Iria e Estela foron as protagonistas da Foliada das Letras tocando e interpretando na praza Maior de Xinzo de Limia as cantigas que recolleu o alu...