Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta lingua_galega

OBRADOIRO DE POESÍA CON CARLOS NEGRO

Imaxe
 A rapazada de 2º  ESO, despois de ler os poemarios de Carlos Negro, tiveron a sorte de facer un obradoiro  co escritor onde xogaron coa poesía.

PAULA CARBALLEIRA, CONTACONTOS

Imaxe
Foto da web https://festivalabrapalabra.es/participantes/paula-carballeira/ Esta semana volvemos ás aulas e nada mellor que facelo coa visita de Paula Carballeira, unha convidada que é máis ca da casa, e sempre nos vén contar uns contos todos quedamos encantados, o alumnado e a artista.  Por motivos de saúde adiamos para este día a sesión de contacontos, xa nos quedaba lonxe a lectura dos Trece avisos , pero oalumnado de 1º ESO tivo un agasallo ben lindo na volta ao Instituto.

DOCUMENTAIS 1º BAC

O alumnado de 1º BAC fixo uns documentais na materia de Lingua Galega, na que poñen no punto de mira temas como: a crise da vivenda, a vida de antes fronte a de agora, o entroido ou a problemática de Altri.

PROXECTO RODAMOS

Imaxe
  Este curso 2023-2024 Carme Gómez botou a andar co alumnado de 4º ESO un ambicioso proxecto de produción audiovisual que deu como froito unhas curtametraxes e reportaxes baseadas en textos da literatura do século XX que son moi bos. Noraboa a todos por este gran resultado. Primeiro deixamos a curtametraxe Coma Lobos , xa que os autores e autoras a presentaron ao concurso de videocreación das Letras 2024 do noso IES e resultaron gañadores. Noraboa Brais, Miriam, Valentina, Antía!!! Agora ofrecémosvos o reprodutor con todos os vídeos do proxecto que puidemos publicar para que disfrutedes coma nós da nosa literatura e o talento do noso alumnado.

AS OBRAS DE TEATRO DO ENTROIDO

Imaxe
Este entroido houbo concurso de teatro de entroido e aquí van as pezas dos participantes. A aula gañadora foi a de 3º B coa peza A CEA DE FIN DE ANO   As outras obras de 1º, 2º e 3º ESO. 2º C interpretaron unha obra sobre o colgamento do meco e unha máquina do tempo que troixo á Limia aos nosos escritores máis ilustres. Orixinalidade de guión. 2º D interpretou unha peza dunha familia celta moderna. 3º C interpretou en escena única unha partida da brisca no bar da aldea. 3º A interpretou unha xunta de veciños do edificio 2 de Maio en Xinzo. E os máis pequenos fixérono xenial!!! 1º A Comedia 1º B Os Teletubies 1º C A esmorga 1º D A cea de traballadores de patacas Guays 1º E  A voda

AQUÍ TAMÉN SE FALA

Imaxe
O IES Lagoa de Antela participou este curso, durante o Nadal e na segunda avaliación, na campaña de difusión da lingua galega entre os establecementos públicos que organiza o IES Eusebio da Garda en Coruña. Esta campaña de dinamización da lingua que convoca a distintos artistas en defensa da nosa lingua, tamén empodera o alumnado de 150 centros públicos galegos como axente da nosa cultura levándoa alí a onde é ben recibida.  Tanto comerciantes coma entidades públicas de toda a comarca da Limia recibiron o noso alumnado e deixáronlle colocar os carteis que son todo un orgullo para nós porque a mensaxe é única: "AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO".

OBRADOIRO PRODUCIÓN AUDIOVISUAL

Purple Gradient Masquerade party Instagram Story de Loli Cid

BOOKTRAILER: Cando petan na porta pola noite

Imaxe

AQUÍ TAMÉN SE FALA

Imaxe
 Na derradeira semana de decembro antes do descanso o EDLG IES Lagoa de Antela e todo o alumnado colaborador emprede a campaña de dinamización da lingua galega na vila de Xinzo de Limia. Esta iniciativa que naceu na cidade da Coruña xa se espallou por toda Galicia e hai máis de 100 centros colaborando para visibilizar a nosa lingua. 

ATLAS DA LIMIA: ETNOGRAFÍA E A CESTERÍA NA LIMIA

  Novo tema de estudo para o noso Atlas da Limia Pequeniña e para conectar co proxecto de Biodiversidade sostible o alumnado de 1º ESO nas materias de Lingua, Bioloxía e EPV. Aquí queda a ficha de traballo inicial e a idea sería facer unha exposición coas pezas se as familias permiten que o alumnado traia as pezas ao centro. Post Instagram Descuentos Black Friday Collage Beige de Loli Cid

A IDENTIDADE GALEGA

Imaxe
  O alumnado de 1º de BAC fixo coa súa profe Rosa Alonso uns traballos sobre identidade nos que ademais viron un montón de léxico. Xa veredes como vos guatan!! Podedes descubrir o resultado na seguinte listaxe de reprodución. Seguro que agora xa tod@s tedes clariño o que é ser galego/a!! Disfrutade con eles.

VIDEOCREACIÓNS LETRAS GALEGAS 2023

Imaxe
Deixamos unha listaxe de reprodución dalgúns traballos que o alumnado de 3º fixo inspirándose na forza de Francisco Fernández del Riego. A súa teima foi defender a esencia da nosa cultura, a Galicia, tarefa que ocupou toda a vida do autor das letras, sen importarlle poñerse en perigo. Esperamos que vos gusten.

PROXECTO COLABORATIVO GALICIA NOMEADA

Imaxe
Onte foi 26 de maio e tivemos a sorte de contar coa presenza no centro de Vicente Feijoo Ares.  Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, actualmente divide o seu tempo entre a tese doutoral que está a facer sobre Os nomes dos penedos en Galicia e traballar en xeral por salvagarar o noso patrimonio inmaterial a través dos nomes do territorio. Xa leva 23 anos no eido do traballo coa toponimia o que lle déron para coordinar o desaparecido Proxecto Toponimia de Galicia, para formar parte do Seminario de Onomástica da RAG, da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, da Comisión Especializada de Nombres Geográficos (Ministerio de Fomento). Actualmente ademais é coordinador da Unidade Técnica de Toponimia da RAG, e do proxecto colaborativo GALICIA NOMEADA , lugar no que nace a súa campaña de divulgación TOPONIMÍZATE , e asesor dos micro-documentais Os nomes da nosa terra .  Sen dúbida algunha hoxe o alumnado quedou cunha tarefa pendente na súa axenda, ser os gardiáns e...

21F: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

Imaxe
  DÍA DA LINGUA MATERNA. FALEMOS A LINGUA DA NOSA NAI, COIDEMOS DELA!!

LÉXICO: A ROUPA

Imaxe
 O alumnado de Rosa Alonso artellou este vídeo onde podemos aprender os nomes das pezas de roupa en galego. Noraboa polo esforzo rapaces.

MONTE VIVO: TRANDEIRAS

Imaxe
Este curso a compañeira Rosa Alonso enleounos nun Proxecta Monte Vivo ben bonito.  A primeira actividade que realizamos foi co alumnado de 2º da ESO, que tivo a sorte de pasear polos montes de Trandeiras ao castelo de Pena da man do Forestal Santos, un libro aberto de sabedoría. Falounos da orixe do Mosteiro, de orientación no monte, da contaminación, da comarca da Limia, dos bosques terapéuticos, de lendas, de toponimia, de árbores (as súas doenzas, as árbores propias da zona, as árbores con propiedades medicinais), ensinounos unha fonte romana e quen sabe cantas cousas máis. Neste vídeo dun dos alumnos de 2º ESO C, Jeremy Oloya, compartimos a experiencia con todos vós.

FRASEOLOXÍA PARA O DÍA DE DEFUNTOS

Imaxe
Como unha homenaxe ao esqeuleto de Un ollo de vidro de Castelao , a montaxe de Samaín 2022 foi de mortos que levan con eles un legado cultural.  Pero o noso esqueleto botouse a falar e velaquí unha presa de frases feitas que nos deixou de legado. Este Samaín 2022 foi interdepartamental e compaxinouse o labor de FPBásica de Cociña, que preparou un almorzo ben arrepiante; coa recreación de cadros de terror famosos da historia da pintura, por parte do alumnado de Plástica e descricións arrepiantes, por parte do alumnado de Lingua Galega e o concurso de Cabazas do alumnado de Plástica de 3º ESO. Este foi o resultado:

Enquisa de uso da lingua galega

Imaxe
Este curso 2022-2023 o traballo do Equipo de Dinamización vai comezar por actualizar o uso da lingua galega dentro da nosa comunidade educativa. Desde xa podedes acceder ao cuestionario no que puxemos unhas 10 preguntiñas fáciles de responder e que nos permitirán observar se a Lingua Galega segue con boa saúde no noso centro. Recordade que só se pode enviar unha resposta polo que necesitamos que sexades coidadosos cando leades os enunciados e cando marquedes as vosas respostas. Moitas grazas por prestarnos un minutiño do voso tempo. Preme aquí para acceder ao formulario.

VISITA PAULA CARBALLEIRA

Imaxe
  O venres 22 de maio visitou o IES Lagoa de Antela a contacontos, actriz, escritora...                                     Paula Carballeira Algúns momentos da contada...