PROXECTO COLABORATIVO GALICIA NOMEADA

Onte foi 26 de maio e tivemos a sorte de contar coa presenza no centro de Vicente Feijoo Ares. 

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, actualmente divide o seu tempo entre a tese doutoral que está a facer sobre Os nomes dos penedos en Galicia e traballar en xeral por salvagarar o noso patrimonio inmaterial a través dos nomes do territorio.

Xa leva 23 anos no eido do traballo coa toponimia o que lle déron para coordinar o desaparecido Proxecto Toponimia de Galicia, para formar parte do Seminario de Onomástica da RAG, da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, da Comisión Especializada de Nombres Geográficos (Ministerio de Fomento).

Actualmente ademais é coordinador da Unidade Técnica de Toponimia da RAG, e do proxecto colaborativo GALICIA NOMEADA, lugar no que nace a súa campaña de divulgación TOPONIMÍZATE, e asesor dos micro-documentais Os nomes da nosa terra

Sen dúbida algunha hoxe o alumnado quedou cunha tarefa pendente na súa axenda, ser os gardiáns e as gardiás da memoria dos avós e  ser axentes dinamizadores do noso patrimonio lingüístico único e do patrimonio inmaterial. Entre todos e todas podemos conseguir que a nosa toponimia sexa ben de interese cultural.


 






Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

AS OBRAS DE TEATRO DO ENTROIDO