Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta recitado

Videopoemas para Rosalía de Castro

Imaxe
  O alumnado de Bac está traballando cos poemas da nosa escritora e déixanos xoias coma as que temos nestes vídeos nos que recitan os versos da nosa Rosalía de Castro. Tamén o alumnado do reforzo de Rosa Alonso fixo a súa homenaxe a Rosalía de Castro. 

DE LUÍSA VILLALTA PARA TODOS

Imaxe
  Este ano 2024 a poesía da escritora homenaxeada Luísa Villalta, saíu do IES para tomar a Praza Maior de Xinzo.  En colaboración co concello de Xinzo e coa organización do departamento de EPV e Horacio, foi posible que en tempo récord se armaran unhas lonas con poemas da escritora, executados por alumnado de diferentes niveis ( 1º ESO, 4º ESO, BAC, e Noel) para poder levar ata a vila e que toda a veciñanza coñeza os seus textos.  Alí os deixamos, coa axuda de alumnado de 1º e 2º da ESO que recitaron os versos e fixeron que a nosa lingua soara en todos os recunchos da praza. Agradecer tamén ao xornal local que veu a visitarnos e aos representantes do concello que tamén compartiron a xornada connosco.