DE LUÍSA VILLALTA PARA TODOS
Este ano 2024 a poesía da escritora homenaxeada Luísa Villalta, saíu do IES para tomar a Praza Maior de Xinzo.
En colaboración co concello de Xinzo e coa organización do departamento de EPV e Horacio, foi posible que en tempo récord se armaran unhas lonas con poemas da escritora, executados por alumnado de diferentes niveis ( 1º ESO, 4º ESO, BAC, e Noel) para poder levar ata a vila e que toda a veciñanza coñeza os seus textos.
Alí os deixamos, coa axuda de alumnado de 1º e 2º da ESO que recitaron os versos e fixeron que a nosa lingua soara en todos os recunchos da praza.
Agradecer tamén ao xornal local que veu a visitarnos e aos representantes do concello que tamén compartiron a xornada connosco.
Comentarios
Publicar un comentario