Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2022

25N

Imaxe
 

NÓS TAMÉN COCIÑAMOS

Imaxe
Un ano máis o proxecto Nós tamén cociñamos déixanos agasallos fantásticos. Este proxecto máis alá de traballar o léxico das comidas e dos alimentos en xeral, implica as familias no proceso de ensinanza aprendizaxe. A veces as receitas son conxuntas, a veces a familia cociña e o alumnado explica e os máis valentes fano soíños: cociñan, gravan e deixan todo limpiño. A actividade ten sempre moi boa acollida e todos e todas nos queren amosar o ben que se lles dá facer a comida.  Aí vai un reprodutor cuns cantos exemplos.

MONTE VIVO: TRANDEIRAS

Imaxe
Este curso a compañeira Rosa Alonso enleounos nun Proxecta Monte Vivo ben bonito.  A primeira actividade que realizamos foi co alumnado de 2º da ESO, que tivo a sorte de pasear polos montes de Trandeiras ao castelo de Pena da man do Forestal Santos, un libro aberto de sabedoría. Falounos da orixe do Mosteiro, de orientación no monte, da contaminación, da comarca da Limia, dos bosques terapéuticos, de lendas, de toponimia, de árbores (as súas doenzas, as árbores propias da zona, as árbores con propiedades medicinais), ensinounos unha fonte romana e quen sabe cantas cousas máis. Neste vídeo dun dos alumnos de 2º ESO C, Jeremy Oloya, compartimos a experiencia con todos vós.

LECTURAS OPTATIVAS

Imaxe
 Van chegando os traballiños tan chulos da xente máis lectora e creativa nesta 1ª avaliación.

MAGOSTO 2022

Imaxe
Este curso o Magosto tamén se celebrou na Limia e no noso centro grazas á colaboración de FP Básica de Cociña e ao departamento de EF, con Verónica organizando xogos para rebaixar as calorías das viandas que nos prepararon os cociñeiros do Lagoa de Antela.

FRASEOLOXÍA PARA O DÍA DE DEFUNTOS

Imaxe
Como unha homenaxe ao esqeuleto de Un ollo de vidro de Castelao , a montaxe de Samaín 2022 foi de mortos que levan con eles un legado cultural.  Pero o noso esqueleto botouse a falar e velaquí unha presa de frases feitas que nos deixou de legado. Este Samaín 2022 foi interdepartamental e compaxinouse o labor de FPBásica de Cociña, que preparou un almorzo ben arrepiante; coa recreación de cadros de terror famosos da historia da pintura, por parte do alumnado de Plástica e descricións arrepiantes, por parte do alumnado de Lingua Galega e o concurso de Cabazas do alumnado de Plástica de 3º ESO. Este foi o resultado:

TEXTOS DO CONCURSO DE RELATOS DO SAMAÍN 2022