Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta poesía

Cómic Rosalía de Castro

Imaxe
 O alumnado d e1º da ESO no marco do Día de Rosalía leu entre outros o poema Caldo de Gloria e como estabamos traballando o diálogo tamén démoslle unha volta máis e o poema converteuse en marabillosos cómics. Aí vai unha mostra:  Made with

CAMISETAS LETRAS GALEGAS 2025

Imaxe
 Este curso despedimos a unha compañeira que terá que vir de visita e seguir a deseñar camisolas tan orixinais coma a das letras galegas deste curso. Carme Gómez es unha artista!!  Agasallo para as pandereteiras que actuaron no día das letras na praza da vila.  E apoio e compromiso coa lingua por parte do profesorado que sempre loce orgulloso as nosas camisolas.

POESÍA CREATIVA E VANGARDISTA

Imaxe
 O alumnado de 4º eso creou poemas orixinais e creativos con títulos de obras coma o que temos de exemplo. A espera de que a profesora nos mande máis traballiños imos publicando un adianto.

ROSALÍA VIAXEIRA III, AS FAMILIAS CANTAN

Imaxe
  O mes de febreiro é o mes de Rosalía de Castro , a nosa escritora máis popular e para iso abonda con fixarse no seu primeiro libro de  Cantares gallegos .  Este curso é o punto final ao proxecto da Rosalía Viaxeira . Primeiro foron os nosos alcaldes e alcaldesas, logo foron os comerciantes da vila e este curso, como non podía ser doutro xeito, as protagonistas son as familias. OBXECTIVO Poñer en valor a figura e obra de Rosalía de Castro. Implicar as familias no proceso de ensinanza e aprendizaxe do alumnado. TAREFA 1- Conseguir que distintas persoas da familia reciten un poema de Rosalía de Castro, preferiblemente de  Cantares Gallegos . Para iso pide o poema á túa profesora, explicarache onde podes cambiar de voz para recitar. 2-  Grava cada unha das persoas nun arquivo de voz diferente . Asegúrate de que o micro está cerca e o volume é axeitado. E sube todos os arquivos a este glosario co teu nome como concepto. Recorda poñerlle nome a cada audio para saber...

REGUEIFA CON SECHU SENDE E OS SEUS REFEITEIRXS

Imaxe
 O alumnado de 3º eso tivo unha xornada de poesía improvisada e reigueifaron con Sechu Sende e o alumnado do Marco de Camballón de Vila de Cruces que nos viñeron ensinar. Todos contentísimos. Actividade organizada co IES Cidade de Antioquía e con axuda de Noemí e a Arca da Noe.

CHUS PATO - PREMIO NACIONAL DE POESÍA

Imaxe
 Este 23 de setembro volve deixarnos un inicio de curso de premio para a nosa cultura. A escritora CHUS PATO foi galardoada co Premio Nacional de Poesía. A nosa noraboa para a poeta ourensá de raíces limegas. Entrevista da revista LUZES . Cream Torn Simple Poetry Book Cover de Loli Cid

DE LUÍSA VILLALTA PARA TODOS

Imaxe
  Este ano 2024 a poesía da escritora homenaxeada Luísa Villalta, saíu do IES para tomar a Praza Maior de Xinzo.  En colaboración co concello de Xinzo e coa organización do departamento de EPV e Horacio, foi posible que en tempo récord se armaran unhas lonas con poemas da escritora, executados por alumnado de diferentes niveis ( 1º ESO, 4º ESO, BAC, e Noel) para poder levar ata a vila e que toda a veciñanza coñeza os seus textos.  Alí os deixamos, coa axuda de alumnado de 1º e 2º da ESO que recitaron os versos e fixeron que a nosa lingua soara en todos os recunchos da praza. Agradecer tamén ao xornal local que veu a visitarnos e aos representantes do concello que tamén compartiron a xornada connosco.

María Lado e Lucía Aldao

Imaxe
 M aría Lado e Lucía Aldao no IES Lagoa de Antela.  O dúo poético-musical deleitou ao alumndado de 1º BAC, 4º ESO e 2º ESO cos seus recitados musicais. Ademais realizaron un centón colectivo con versos de autores galegos de todos os tempos.

ADEUS A POETA LUZ FANDIÑO

Imaxe
 No día do pasamento da poeta e activista Luz Fandiño , compartimos o tema no que a define a cantautora SES. Da canle de youtube de ACORDEIRETA : " Poemas da nosa ben querida Luz Fandiño ("Escolma de poemas", 1950-2010 e "Berro herdado", 2017). Unha muller loitadora, valente, insubmisa e xenerosa que ilumina sempre o noso camiño coa súa sabedoría, memoria sen fin e alma moza. Cada verba súa é unha ensinanza para nós.  Gústanos facer as homenaxes en vida. Viva Luuuuz!!!!" De Nós TV : "A artista e música María Xosé Silvar (Sés) e a poeta Luz Fandiño, conversan sobre a forza e actualidade da obra de Rosalía de Castro.   Desmontando o tópico imposto da Rosalía "miña xoia" e "chorona", descubrimos a importancia da poeta galega e universal nas biografías destas dúas importantes figuras da cultura galega actual.  O Rabelo, coa forza do seu rap regueifeiro, encargouse de pór a banda sonora deste programa imprescindíbel. Este programa ...

CREAMOS POESÍAS CON LIBROS

Imaxe
  O alumnado de 4º ESO creou uns poemas ben orixinais a partir de títulos de obras galegas. Foi outra actividade que se implementou no Lagoa de Antela para celebrar o Día do Libro. Aquí vos deixamos dúas mostras. Pero na ligazón tedes todos os traballos OS TRABALLOS DE CREACIÓN POÉTICA

ROSALÍA VIAXEIRA II

Imaxe
Este curso 2024 seguimos co Proxecto de Rosalía Viaxeira. Rosalía na Túa man . A escritora abandonou as aulas e foi de paseo pola vila. Deciciu entrar nos comercios dos veciños de Antela e eles en agradecemento a tan ilustre visita recitaron un versiños ou algún poema da nosa poetisa. No seguinte vídeo vai só unha pequena mostra, xa que hai comerciantes que participaron e o vídeo non  quedou con calidade para xuntar aos demais ou non lles apetecía que os gravásemos. Tanto a uns coma a outros o IES Lagoa de Antela, o alumnado e o profesorado que participamos na actividade estamos máis que agradecidos pola colaboración: FLOREMA LIBRERÍA SARAIBA TOY PLANET SU-GAR PANADERÍA SAN VICTORIA DOMUÍÑO PASTELERÍA-PANADERÍA CALZATE A TENDA DO OURIZO BARXE SPORT BAR PALLONA CAFÉ PUB DORADOS MOTOS QUELLE GES SEGUROS AUTOSERVIZO LADEIRA ZAPATERÍA CIENPIES NENOS CARLIN TENDA R NOBEL

PREMIOS NACIONAIS

Imaxe
Comezamos o curso con premios e máis premios para a nosa literatura.   A escritora fenesa  Paula Carballeira Cabana  vén de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Dramática de 2023, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, pola súa obra  As alumnas  (Galaxia). O xurado destacou a obra da autora galega "por ser un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate", así como "polos seus valores dramáticos, a riqueza de matices e pola recuperación dunha muller referente para o ensino galego, símbolo da educación moderna, igualitaria e transformadora que propoñía a II República". A poeta compostelá  Yolanda Castaño  foi galardoada co  Premio Nacional de Poesía  do ano 2023 pola súa obra  Materia  (Xerais, 2022),  "pola poderosa proposta poética na que cada estado da materia se expresa nun ton propio, con poemas dunha metafísica que causa dor e orixinal". Tamén destacaron que "en  Materia ,...

GENIALLY PARA A EXPOSICIÓN ROSALÍA NA TÚA MAN

Despois de escoitar e ver a exposición "Rosalía na túa man" deixámosvos tres propostas de  actividades votación centón colectivo genially Post de instagram Amor a la vida Estético Beige de Loli Cid

ENQUISA - ROSALÍA NA TÚA MAN

Cargando…

ROSALÍA NA LIMIA

Imaxe
O 23 de febreiro celebramos o día do nacemento de Rosalía de Castro e a escritora andou de visita pola Limia. A súa poesía prendeu nas alcaldías dos concellos de Baltar, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. Os seus representantes abríronnos as portas para recitar uns versiños da obra en galego da poeta e así poder compartir con toda a veciñanza, a través das webs dos concellos, como nós o facemos a través desta pequena xanela, as súas verbas. A través das súas voces a escritora segue a encher de música e sentimento os nosos días achegándose tamén ao pobo e saíndo das aulas. GRAZAS!!!

CALDO DA GLORIA

Imaxe
  Proposta de actividade para a FP Básica de Cociña I. Igual ca o curso pasado lanzámoslle a idea aos compañeiros para que se animen a cociñar o "Caldo de gloria" de Rosalía de Castro como nos sinalan paso a paso na web da Fundación.  " A Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha este 2023 no aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia." (da súa web. mirade a ligazón) PREME AQUÍ PARA VER DETALLES DA ACTIVIDADE

ROSALÍA NA TÚA MAN

 Febreiro é un mes intenso de emocións sempre porque o noso día a día vese envolto polos versos de Rosalía de Castro de cara ao día 23, para poder render homenaxe como merece á nosa poetisa. Este curso nace o proxecto Rosalía Viaxeira , como primeira actividade, coordinada polos EDLG do IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioquía e coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, a rapazada sairá a pegar uns paneis pola vila onde a cidadanía poderá conectar coa poesía da escritora a través da súa música. Deste xeito, o que non queira ler os versos de Rosalía pode cun clic no seu móbil escoitar a versión musical que lles ofrecemos a través dun código QR. Pareceunos unha idea exitosa ligar tecnoloxía e música para facer rexurdir os versos da nosa escritora e que puideran chegar a un público amplo.  Os paneis vanse colocar: Concello Biblioteca - Casa da Cultura Centro de Saúde Praza de Abastos, mercado Praza maior Rúa 2 de Maio: Supermercado Gadis Supermecado Eroski Centro de Sa...

Festexando as Letras de Florencio Delgado Gurriagarán

Imaxe
O alumndo do IES Cidade de Antioquía e do IES Lagoa de Antela botáronse á rúa para celebrar con todos os veciños da vila de Xinzo de Limia as Letras Galegas deste ano. Os versos de Florencio Delgado viñeron dereitiños dos bacelos de Córgomo, Valdeorras, á chaira da Limia para encher de verbas lindas os beizos de rapazada e adultos que se ofreceron a recitar os versiños do noso homenaxeado. Tras unha mañá de entrevistas para o programa Aquí A Limia os nosos reporteiros conversaron con distintas persoas para demostrarnos que a lingua galega nos une a todos e todas nesta festa que nos enche de orgullo. Parabéns a aqueles que participastes e colaborastes co noso alumnado.  O alumnado dos nosos centros tamén recitou algúns versos de Florencio no Instituto. Mil grazas aos que participastes!!!

VISITA DO LEO ARREMECAGHONA

Imaxe
  Este xoves 12 de maio, no mes das Letras Galegas 2022 o alumnado do IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía en cadansúa sesión tiveron o pracer de achegarse a historia da nosa poesía desde o plantexamento tan diferente e atractivo que propón o docente e artista Leo Arremecaghoná . Agradecidas que estamos de contar co seu espectáculo e o seu saber no eido da poesía. Así comezou a visita

VIDEOPOEMAS

Imaxe
 O alumnado de 2º da ESO C e D tamén celebrou o mes da poesía con recitado e edición de vídeo na que deixaron voar a imaxinación para compoñer os seus traballos e solidarizarse coa dor do pobo ucraíno.