ROSALÍA VIAXEIRA III, AS FAMILIAS CANTAN

 

Carga en curso: 85579 de 85579 bytes.



O mes de febreiro é o mes de Rosalía de Castro, a nosa escritora máis popular e para iso abonda con fixarse no seu primeiro libro de Cantares gallegos

Este curso é o punto final ao proxecto da Rosalía Viaxeira. Primeiro foron os nosos alcaldes e alcaldesas, logo foron os comerciantes da vila e este curso, como non podía ser doutro xeito, as protagonistas son as familias.

OBXECTIVO

Poñer en valor a figura e obra de Rosalía de Castro.

Implicar as familias no proceso de ensinanza e aprendizaxe do alumnado.

TAREFA

1- Conseguir que distintas persoas da familia reciten un poema de Rosalía de Castro, preferiblemente de Cantares Gallegos. Para iso pide o poema á túa profesora, explicarache onde podes cambiar de voz para recitar.

2- Grava cada unha das persoas nun arquivo de voz diferente. Asegúrate de que o micro está cerca e o volume é axeitado. E sube todos os arquivos a este glosario co teu nome como concepto. Recorda poñerlle nome a cada audio para saber cal é a orde do recitado.

OLLO Podes facer só un audio no que graves a todas as persoas e mandar só o audio. Pero se sabes montar vídeo anímote a que fagas os seguintes pasos

3- Monta un vídeo-poema cos audios e fotos que reflictan o contido do teu texto. Podes axudarte do Canva, do Kinemaster ou calquera programa de edición de vídeo.

4- Entrega a tarefa no correo de dinamización: endlgantela@gmail.com

Se pesa demasiado o vídeo podes subilo a youtube e logo compartir a ligazón.

     Recorda sinalar no teu correo: o nome e apelido, explicar quen son as persoas que participan no traballo e tamén debes subir o teu audio ou o teu vídeo, o que decidiras facer.

     Recorda!! Debes indicar se os participantes dan permiso para difundir no blog do IES.

PRAZO: 20 de febreiro

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

MAPA XINCANA RIANXO-ANTELA

SAMAÍN