INTERCAMBIO XINZO-RIANXO II
Hoxe, 19 de xuño, tocou recibir ao alumnado e profesorado do I ES Felix Muriel de Rianxo . Despois de descubrirmos as Dunas de Corubedo e a vila literaria de Rianxo , tocábanos como anfitrións amosarlles a vila de Xinzo e os arredores aos nosos compañeiros da costa. Ben seguro que aquí non viron o mar, pero si puideron imaxinar desde o alto do castelo de Pena como foi a Lagoa máis grande da Península antes de que decidiran desecala e convertela no que hoxe vemos, terreos de cultivo. Tamén visitamos o Museo do Entroido , fixemos unha xincana para que descubriran os recunchos da vila e algo da nosa historia. Finalmente, ameazados polas treboadas que viñan de San Mamede corremos lixeiros ao cole a facer difetentes obradoiros e coñecer ese espazo creado dentro do marco do Proxecto de Biodiversidade inclusiva e baixo o amparo das ESCOLAS AZUIS que nos puxo en contacto co IES de Rianxo, xa que somos as dúas escolas neste marco.