Publicacións

SAMAÍN

Imaxe
Xa temos as bases do novo concurso de Samaín!! Que terror de cadros!!Anímate a escribir   EDLG IES LAGOA DE ANTELA de Loli CID CID

PLATAFORMAS DE CINE EN GALEGO

Se queres ver cine en galego no verán, mira as plataformas que nos propoñen os compañeiros do blog As Chaves da Lingua: https://aschavesdalingua.gal/peliculas-e-series-en-galego/

XA TEMOS RADIO NO IES LAGOA DE ANTELA

Imaxe
  Este curso púxose en marcha a radio e aí estamos colaborando na produción de contidos dende os clubs de lectura e os distintos departamentos do centro, entre eles o noso EDLG.

PODCAST DE ACTUALIDADE PARA A RADIO

Imaxe
O noso alumnado de 2º e 4º ESO púxose  a investigar sobre distintos temas de actualidade, pois queren entender o mundo no que viven, e reflexionar sobre aspectos relacionados a saúde, a ciencia, ... ou incluso sobre a exitencia de extraterrestres, por que non? Así de reflexivos e interprétidos investidadores son os nosos rapaces e rapazas!!!!, pensando en todo tipo de oíntes, porque non a todos nos gusta o mesmo. Así que...BENVIDOS, e...CONECTAMOS!!!!!! A COVA CÉLTICA, PODCAST DE TEMA DE ACTUALIDADE A CHEGADA DA IA SAÚDE E ALIMENTACIÓN A SICOPATÍA

CONCURSO AUDIOVISUAL DAS LETRAS

Imaxe
 Chegan os vídeos de promoción da Lingua Galega. O alumnado de 1º BAC estivo producindo anuncios facendo un uso arteiro da argumentación para que todos falemos a nosa lingua. E ti, xa a falas? Bótalle un ollo aos vídeos, se non a falas de seguro que a falarás!!! Os vídeos que resultaron premiados  foron os de Meriem, Antón, Lucía G. e Noa R.  Parabéns a todos polos vosos traballos. LISTAXE DE REPROCUCIÓN NO YOU TUBE

EXCURSIÓN A CELANOVA

Imaxe
 Un curso máis a visita de maio a Celanova tivo lugar cun grupo de 3º da ESO que pasou un día fabuloso en terras de Curros e puido disfrutar das actividades organizadas polo departamento de música, galego e o Concello de Celanova que tiña todo ben programado: Casa dos Poetas Biblioteca do IES Celso Emilio Praza Maior, mosteiro, Órgano Vilanova dos Infantes Castromao