Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2023

ALIMENTOS

 

MÚSICA PORTUGUESA PARA O 25N

Imaxe
Van aquí unhas cantas propostas para traballar o tema do 25M com música portuguesa: AGORA SÓ FALTA VOÇÊ , María Rita EH PARA A FRENTE, EH PARA TRAS ; Claudia Pascoal FADO CHICLETE , Claudia Pascoal DONA DE MIN, IZA TRISTE, LOUCA OU MÁ, Francisco. TODXS PUTXS , Ekena SAIA DA CAROLINA ; Carolina Deslandes TESINHA ; Chico Buarque

MÚSICA GALEGA 25N

Imaxe
A mesma música no blog de MUSICANDO ANTELA. Reprodutor que recompila música galega para o 25N   Reprodutor de Spotify con 25 temas para o 25N

CONCERTO: SERGIO TANUS e MARTA BRAVO

Imaxe
  Noemí, da Arca da Noe, fixo posible que o artista brasileiro, Sérgio Tanus e a Marta Bravo viñeran cantar para o alumnado de Lingua Portuguesa deste e doutros cursos. Foi un concerto no que a música achegou a Galiza ao Brasil a través de distintos ritmos musicais: pop, soul, funk... E como non hai dous sen tres ou sen catro... unha parella de brasileiros de Minas Gerais, acompañaron aos artistas anteriores e interpretaron tamén algunha peza. Todo un luxo de voces.   

Contos de defuntos

Hoxe compartimos convosco as historias das nosas familias. O alumnado do IES Lagoa de Antela recolleu contos e historias do Día de Defuntos para a nosa radio. Agora xa podedes escoitalas todos e todas. Loli Cid · Contos de Defuntos Máis historias de Samaín. Loli Cid · Historias de Samaín II

ETNOGRAFÍA: A CESTERÍA NA COMARCA DA LIMIA

  Este curso engadimos un tema ao noso Atlas da Limia Pequeniña para vincular o porxecto de Lingua Galega co proxecto de Biodiversidade Sostible que desenvolve o alumnado de 1º ESO en EPV e Bioloxía. Post Instagram Descuentos Black Friday Collage Beige de Loli Cid

PREMIOS SAMAÍN

Imaxe
  O día 10 de novembro festexamos cos gañadores dos concursos de Samaín e fixemos entrega dos agasallos. Merenda na cafetería do IES cos gañadores dos recunchos de aula: 1º ESO E e 1º ESO A. Finalistas ao mellor recuncho de Samaín: 3º ESO C Finalistas ao mellor microteatro de Samaín: 2º ESO C: Gañador do concurso de relato curto: Daniel Rodríguez, 3º ESO C

CONCURSO RELATO SAMAÍN

 O texto gañador do concurso de relatos de Samaín foi Unha noite de San Froilán do alumno de 3º ESO C, Daniel Rodríguez Yáñez. PARABÉNS!!!

Samaín en imaxes

Imaxe
 O traballo dos recunchos de aula e espazos comúns da man de titores e titoras da ESO e de Ana Escudero e todo o alumnado, fixo posible que o noso centro recuperara un chisco de Samaín.

Concurso Cabazas 2023-2024

Imaxe
Un ano máis o noso alumnado creou unhas cabazas de terror para ambientar o noso Smaín e escorrentar os malos espíritos organizado polo departamento de EPV. Fabuloso resultado!!

Gañadores recuncho Samaín

Imaxe
 Este curso 2023-2024 o alumnado da ESO recreou un recuncho dentro da súa aula para amosarnos o Samaín. Houo dúas clases gañadoras EX AEQUO, 1º ESO E e 1º ESO A.   Recuncho de Samaín de 1º ESO E - Titora Ana Iria Recuncho de Samaín 1º ESO A - Titora Lucía Houbo tamén un finalista de 3º ESO C que recreou o mito do Home Lobo, da titoría de Julia.

ATLAS DA LIMIA: ETNOGRAFÍA E A CESTERÍA NA LIMIA

  Novo tema de estudo para o noso Atlas da Limia Pequeniña e para conectar co proxecto de Biodiversidade sostible o alumnado de 1º ESO nas materias de Lingua, Bioloxía e EPV. Aquí queda a ficha de traballo inicial e a idea sería facer unha exposición coas pezas se as familias permiten que o alumnado traia as pezas ao centro. Post Instagram Descuentos Black Friday Collage Beige de Loli Cid