Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2026

EXCURSIÓN A CELANOVA

Imaxe
 Un curso máis a visita de maio a Celanova tivo lugar cun grupo de 3º da ESO que pasou un día fabuloso en terras de Curros e puido disfrutar das actividades organizadas polo departamento de música, galego e o Concello de Celanova que tiña todo ben programado: Casa dos Poetas Biblioteca do IES Celso Emilio Praza Maior, mosteiro, Órgano Vilanova dos Infantes Castromao

TEATRO - XAN - ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
  Este vídeo é o resultado da interpretación dramática que fixo o alumnado de 1º ESO A do poema " Xan ", de Follas novas , da nosa escritora Rosalía de Castro. Esta tarefa estivo tamén vinculada ao PIE de igualdade onde o alumnado traballou os roles dentro do traballo partindo dunha pequena investigación nos seus fogares.

XOGOS LECTURAS 3ª AVALIACIÓN

Imaxe
 

EXPOSICIÓN SAN XOÁN

Imaxe
 PARA ACHEGAR AO NOSO ALUMNADO ÁS NOSAS TRADICIÓNS MONTAMOS UNHA EXPOSICIÓN SOBRE AS HERBAS DE SAN XOÁN 

A NOITE DE SAN XOÁN

Imaxe
 HERBAS DE SAN XOÁN Cacho de San Xoán Herbas de San Xoán en Nós Diario RITOS, CRENZAS E TRADICIÓNS DESTA FESTA Cacharela Salto por riba do lume de san Xoán, para que non me trabe cadela nin can nin bicho vivinte que ande polo chan. Vídeo longo, pero que é feito coa plataforma TWICH, merece a pena, porque está gañando terreo como unha canle para crear contido en galego e neste caso a partir do minuto 14 fala do noso tema. Ritos e tradicións de San Xoán. Conversamos co antropólogo Rafael Quintía Versión ou explicación resumida do mesmo antropólogo Música para San Xoán  Achégase a noite de San Xohán e son moitos os ritos ligados a esta noite, todos eles purificadores e moitos contra o mal de ollo. Por iso deixo para todos vós este tema da Banda da Loba que leva por título "Cobiza".   Nesta liña tamén temos o tema de "Figa" das nosas Tanxugueiras     Unha aposta máis lúdica e infantil a de Uxía Lambona e a Banda Molona.  

ATLAS DA LIMIA NA VOZ DO NOSO ALUMNADO

Historia De Instagram Catálogo de Productos Orgánico Beige de Loli CID CID

Personaxes de Begoña Caamaño

  O alumnado de BAC investigou un pouco sobre os personaxes lendarios para contrastar a visión da obra de Begoña coa súa lenda e así nolo contan. Blue and Grey Natural Mountain Day Poster de Loli Cid