Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2024

AS OBRAS DE TEATRO DO ENTROIDO

Imaxe
Este entroido houbo concurso de teatro de entroido e aquí van as pezas dos participantes. A aula gañadora foi a de 3º B coa peza A CEA DE FIN DE ANO   As outras obras de 1º, 2º e 3º ESO. 2º C interpretaron unha obra sobre o colgamento do meco e unha máquina do tempo que troixo á Limia aos nosos escritores máis ilustres. Orixinalidade de guión. 2º D interpretou unha peza dunha familia celta moderna. 3º C interpretou en escena única unha partida da brisca no bar da aldea. 3º A interpretou unha xunta de veciños do edificio 2 de Maio en Xinzo. E os máis pequenos fixérono xenial!!! 1º A Comedia 1º B Os Teletubies 1º C A esmorga 1º D A cea de traballadores de patacas Guays 1º E  A voda

23F Música para o día de Rosalía

Imaxe
Para escoitar no canto de ler os versos de Rosalía unha escolma de máis de 50 temas de diferentes artistas que se inspiran na nosa escritora para facer a súa música. Disfrutade deste día de Rosalía. (Debuxo de Laura Martínez)

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

Imaxe
  Neste canva deixamos o material do Scape Room que imos facer co noso alumnado no IES Lagoa de Antela para descubrir máis sobre a vida de ROSALÍA DE CASTRO. Están todas as tarxetas informativas do xogo, paneis de pistas, paneis de retos e só necesitades preparar catro chaves en goma eva o u cartulina, que é o que conseguen unha vez superen o reto de cada etapa vital da escritora.  Tamén aparece a ficha de rexistro de respostas do alumnado e a de corrección do profesorado. Unha idea. Eu teño pensado poñer a folla de corrección ao final do percorrido e se non lles coincide pois teñen que ir repetir os retos que lles saíron mal. Turquesa Hojas Ilustración Horizontal Pensando en Ti Notecard de Loli Cid

CONCURSO DE MÁSCARAS DE ENTROIDO

Imaxe
  O departamento de EPV organizou un curso máis o concurso de máscaras e xa temos gañadores e saímos na Región. Máscaras de 1º de eso Máscaras de 3º ESO poñer fotos

SCAPE ROOM: ROSALIA DE CASTRO ON-LINE

EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS

Imaxe
Mercedes Vázquez Saavedra leva máis de 30 anos fotografando máscaras dos entroidos tradicionais da Península. Grazas a iso chegou ao noso IES coa exposición " Viaxe polo mundo da máscara ibérica ". Un total de 132 imaxes que constatan unha riqueza patrimonial que une a Galicia, co norte de Portugal e Zamora. AUDIO A GALEGA SOBRE A FOTÓGRAFA E O ENTROIDO Todas elas con máscaras incribles e traxes cheos de cores, chocas e algún complemento co que escorrental todo mal.

AQUÍ TAMÉN SE FALA

Imaxe
O IES Lagoa de Antela participou este curso, durante o Nadal e na segunda avaliación, na campaña de difusión da lingua galega entre os establecementos públicos que organiza o IES Eusebio da Garda en Coruña. Esta campaña de dinamización da lingua que convoca a distintos artistas en defensa da nosa lingua, tamén empodera o alumnado de 150 centros públicos galegos como axente da nosa cultura levándoa alí a onde é ben recibida.  Tanto comerciantes coma entidades públicas de toda a comarca da Limia recibiron o noso alumnado e deixáronlle colocar os carteis que son todo un orgullo para nós porque a mensaxe é única: "AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO".

MANDAS DO MECO

Imaxe
Dende Vicedirección están de cheo coa organización do Entroido xa hai unha semanas. Hoxe déixannos as Mandas do Meco

A CANDELORIA

Imaxe
  Texto íntegro do portal das palabras A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum , ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución.  Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar. Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercai