Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

LECTURAS OPTATIVAS 2ª AVALIACIÓN

Imaxe
  Comezan a chegar os traballiños dos libros de lectura voluntarios da segunda avaliación. Entre os títulos escollidos temos:

ANTELANA, REVISTA LITERARIA

  O alumnado de Rosa Alonso estivo investigando sobre a nosa literatura do século XX e crearon esta revista literaria que xa tedes á vosa disposición neste blog como guión para que poidades coñecer os nosos escritores e escritoras e as súas obras. LIGAZÓN PARA VER A REVISTA

TERTULIAS LITERARIAS

Imaxe
O alumnado do IES Lagoa de Antela acudiu con alumnado doutros centros da provincia ás tertulias literarias no Liceo de Ourense. Grazas á organización por parte do Concello de Ourense e da Deputación, a rapazada puido conversar da novela Golpes de Luz coa súa autora, Ledicia Costas.

LÉXICO: A ROUPA

Imaxe
 O alumnado de Rosa Alonso artellou este vídeo onde podemos aprender os nomes das pezas de roupa en galego. Noraboa polo esforzo rapaces.