Visita da doutora en Arqueoloxía pola UVI, Lucía Rodríguez Álvarez . A doutora e profesora da universidade de complutense de Madrid achegouse á súa terra para varias cousas: demostrar que é posible espallar contidos científicos en galego, que unha muller pode ser doutora e liderar escavacións arqueolóxicas e investigacións históricas importantes para a humanidade e que ademais o fai con cariño cara os receptores que o pasaron xenial no taller. Grazas a Miguel o noso compañeiro de historia por contactar con ela e facer posible gozar do seu coñecemento no marco do PIE de igualdade, onde tratamos de fomentar e visibilizar o traballo de mulleres nun mundo onde os que destacan son os homes, pero estamos vendo que elas tamén ocupan un lugar relevante.