Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2023

A FESTA DE SAN XOÁN

Imaxe
 HERBAS DE SAN XOÁN Cacho de San Xoán Herbas de San Xoán en Nós Diario RITOS, CRENZAS E TRADICIÓNS DESTA FESTA Cacharela Salto por riba do lume de san Xoán, para que non me trabe cadela nin can nin bicho vivinte que ande polo chan. Vídeo longo, pero que é feito coa plataforma TWICH, merece a pena, porque está gañando terreo como unha canle para crear contido en galego e neste caso a partir do minuto 14 fala do noso tema. Ritos e tradicións de San Xoán. Conversamos co antropólogo Rafael Quintía Versión ou explicación resumida do mesmo antropólogo Música para San Xoán  Achégase a noite de San Xohán e son moitos os ritos ligados a esta noite, todos eles purificadores e moitos contra o mal de ollo. Por iso deixo para todos vós este tema da Banda da Loba que leva por título "Cobiza".   Nesta liña tamén temos o tema de "Figa" das nosas Tanxugueiras     Unha aposta máis lúdica e infantil a de Uxía Lambona e a Banda Molona.  

A IDENTIDADE GALEGA

Imaxe
  O alumnado de 1º de BAC fixo coa súa profe Rosa Alonso uns traballos sobre identidade nos que ademais viron un montón de léxico. Xa veredes como vos guatan!! Podedes descubrir o resultado na seguinte listaxe de reprodución. Seguro que agora xa tod@s tedes clariño o que é ser galego/a!! Disfrutade con eles.

REPORTEIR@S VIAXEIROS POLA GALICIA DE DEL RIEGO.

Imaxe
  A obra de Galicia do escritor das Letras 2023, Francisco Fernández del Riego, serviunos de inspiración para montar o programa da TV Antela das Letras Galegas neste ano. Así, emulando ao personaxe da obra, Ramón Sanfiz, fomos percorrendo Galicia cos nosos reporteiros e reporteiras, pero andaban un chisco perdid@s e precisaron de axuda da xente para dar co lugar que querian visitar. Agradecer a todo o alumnado participante e a veciñanza de Xinzo a colaboración para que a nosa cultura un ano máis saíra á rúa. Este vídeo só é unha pequena mostra de todas as entrevistas que fixemos o día 16 de maio.

VIDEOCREACIÓNS LETRAS GALEGAS 2023

Imaxe
Deixamos unha listaxe de reprodución dalgúns traballos que o alumnado de 3º fixo inspirándose na forza de Francisco Fernández del Riego. A súa teima foi defender a esencia da nosa cultura, a Galicia, tarefa que ocupou toda a vida do autor das letras, sen importarlle poñerse en perigo. Esperamos que vos gusten.