Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

8M

Imaxe
  Este 8 M a Banda da Loba escolleu a mítica figura de Pepa a Loba para regravar este tema que visibiliza a unha das mulleres da nosa cultura. Xa o dicía Rosalía "cal loba doente e ferida" pois a "Xustiza pola man" ecoa nos versos deste tema das nosas artistas. Grazas unha vez máis pola música para un día que todas desexariamos non ter que celebrar.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
 Este curso 2021-2022 o día de Rosalía de Castro foi o 23 de febreiro.  A proposta da AELG foi que traballaramos os versos máis pensativos e retóricos nos que Rosalía traslada aos lecotres e ás lectoras as súas dúbidas existenciais e vitais. De aí este mural tan xeitoso que adornamos con versos e pensamentos que deseñaron en plástica o alumnado de 1º ESO e Horacio. Grazas tamén a todos/as os que participastes coa montaxe e colaboración para que un ano máis se fixera visible a poesía da máis grande das nosas escritoras ROSALÍA DE CASTRO.