Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2023

RECURSOS SAMAIN

MÍSICA NO NOSO BLOG PARA ESTES DÍAS preme No Portal da lingua galega atoparedes unha variada selección de recursos que vos poden ser moi útiles para conmemorar as datas que se achegan: Samaín ou o Día da Ciencia en Galego:  https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades . No portal de Aulas Galegas tamén chegou o Samaín con miles de recursos.  https://aulasgalegas.org/2021/10/20/chegou-o-samain/ Obrigada a todos por ocmpartir.  

LECTURAS EN GALEGO E MEDO

  Gráfico Mapa mental pizarra con notas Doodle Marron de Loli Cid

MIRIAM OPAZO

Imaxe
  Dá gusto ver alumnas triunfando co seu traballo!! Miriam Opazo , xa esteara Ningún Deus no festival de Cans esta primavera e agora vémola no Festival de Cine da Coruña. "Míriam Opazo , artista visual que explora cuestións como a identidade e a memoria, asina  Ningún Deus .  Neste traballo fala sobre identidade a través do Entroido tradicional do rural da provincia de Ourense. Esta peza xorde da investigación arredor dos vínculos entre o rito máxico e a construción da identidade e a memoria colectivas do pobo." ( https://praza.gal/cultura/galicia-no-festival-interseccion-da-coruna-dende-breogan-xague-a-sabela-eiriz-angel-santos-ou-cintaadhesiva) A limiá coa curta “Retratos do silencio”da limiá  Miriam Opazo  xa acadou con esta curta o 2º premio Xuventude Crea 2022,

A SANTA COMPAÑA

Imaxe
Lendas Vivas achéganos á lenda da Santa Compaña.

PERSONAXES DAS HISTORIAS POPULARES DE MEDO

  Pedro Alberto Padín do IES de Rodeira en Cangas, fixo esta fabulosa colección de personaxes de medo. PREME AQUÍ

CURTAS E CONTOS PARA SAMAÍN

Imaxe
OS DEFUNTOS FALABAN CASTELAO (Inspirado na obra de Anxel Fole) SOBRE A MORTE DO BIEITO O SUSO ( Adaptación do relato con este nome, do escritor, Xosé Luís Méndez Ferrín, do libro O crepúsculo e as formigas .). CONTOS PAR AOS MÁIS CATIVOS A BRUXA REGAÑADENTES FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS

CONCURSO DOBRE. FESTEXAMOS O SAMAÍN

Imaxe
 Este curso ademais do cocurso de relatos curtos de Samaín Tamén podedes participar como aula na elaboración dun recuncho de Samaín seguindo os preceptos da nosa festa celta. Animádevos a participar, seguro que hai premio!!!

O CORNO

Imaxe
  Jaione Camborda fai historia con 'O corno': "A diversidade enriquécenos e fainos máis libres" A cinta é a primeira rodada en galego e de produción galega en gañar un festival de cinema de clase A. A película  O corno , de  Jaione Camborda , foi a galardoada este sábado coa  Cuncha de Ouro da 71 edición do Festival de San Sebastián  (Zinemaldia), máximo premio concedido neste certame de clase A —un dos únicos 15 no mundo—, nunha edición na que se reivindicou o cinema e a cultura arxentina. (Nós Diario)

PREMIOS NACIONAIS

Imaxe
Comezamos o curso con premios e máis premios para a nosa literatura.   A escritora fenesa  Paula Carballeira Cabana  vén de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Dramática de 2023, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, pola súa obra  As alumnas  (Galaxia). O xurado destacou a obra da autora galega "por ser un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate", así como "polos seus valores dramáticos, a riqueza de matices e pola recuperación dunha muller referente para o ensino galego, símbolo da educación moderna, igualitaria e transformadora que propoñía a II República". A poeta compostelá  Yolanda Castaño  foi galardoada co  Premio Nacional de Poesía  do ano 2023 pola súa obra  Materia  (Xerais, 2022),  "pola poderosa proposta poética na que cada estado da materia se expresa nun ton propio, con poemas dunha metafísica que causa dor e orixinal". Tamén destacaron que "en  Materia ,  Yolanda Castaño  móstranos unha poesía me