Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2021

A REGUEIFA

Imaxe
Ariadna Otero cóntanos de maneira didáctica e con graza que é unha regueifa e a súa orixe.

O SAMAÍN

Imaxe
 Esta é a semana definitiva!! Seguro que xa estades cos retoques finais do concurso de contos de medo do noso IES , verdade?  Veña, bulide que ademais podedes aproveitar os vosos contiños para presentalos tamén ao concurso que organiza o Concello de Xinzo . Imos poñer un chisco de música a este Samaín. E como tamén andades coas cabazas a voltas... aí vai o conto Corre, corre cabaciña para que llo contedes aos máis cativos.  

Cultura Crítica

Imaxe
 Dámosvos a benvida ao novo blog de Dinamización do IES Lagoa de Antela cun tema con forza e coraxe que defende a nosa cultura e a nosa identidade a pesar dos moitos atrancos  ao longo da nosa historia.