Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Bibilioteca

PODCAST: Lectura continuada da obra de Rosalía de Castro

 Este luns 23 de febreiro e todos os recreos desta semana, desde a Biblioteca do IES Lagoa de Antela e o EDLG organizamos lectura da obra da poetisa para conmemorar este día tan sinalado e manter viva sempre a nosa Rosalía de Castro. Loli CID CID · Tembra un neno no húmido pórtico Loli CID CID · Podcast Día de Rosalía 2026: Lectura continuada Alborada, na voz do alumnado do Reforzo de Lingua do 1º ESO A e B. Loli CID CID · Alborada_reforzo 1º eso

COLABORACIÓN BIBLIOTECA: CONTAS ELBE

Imaxe
Este curso colaboramos coa biblioteca para activar as contas ELBE e que o alumnado goce da lectura nos dispositivos móbiles, vénnos de marabilla porque o alumnado que non pode mercar libros para ler ou deu chegado aos de préstamo da Biblioteca do IES Lagoa de Antela... XA PODE LER!!! PASOS A SEGUIR: 1º. Vou ao navegador e escribo "ELBE 2". Premo na primeira ligazón. 2º. Cando estou en Elbe-2, premo no botón que pon IDENTIFICARSE (Arriba á dereita) 3. Escribo o meu nome de usuario e debaixo o contrasinal e dou lle a ENTRAR. Estes datos son os que che ofreceu a túa profe. 4. Agora aparece unha ventá emerxente e tes que premer no botón que pon IR AO SITIO WEB. Nesta pestana que se abre debes cambiar o contrasinal do teu  Elbe. RECORDA anotala na axenda e logo escríbea no ordenador. Fai boa letra e recorda se usas maiúsculas ou minúscular porque é importante. 5. A continuación xa podes ir a Elbe e repetir o paso 3 , pero escribindo o teu novo contrasinal . Dáslle a ent...

ENCONTRO CO ESCRITOR XABIER DOMÍNGUEZ

Imaxe
 O lumnado de 1º da ESO que leu Maxia de pedra e Segredos soterrados pudieron disfrutar da compañía do escritor da Limia e ex-alumno do centro. Sempre nos gusta escoitar aos nosos escritores e se son da casa con máis agarimo. Grazas polo tempo e todos os segredos que nos descobres dos teus libros e como editor.

TEXTOS DO CONCURSO DE RELATOS DO SAMAÍN 2022

 

LECTURA E TICs

Imaxe
Na terceira avaliación tocou o xénero dramático e o alumnado de 1º ESO fixo lectura das comedias Atranco no banco e O achado do Castro de Manuel Núñez Singala . Estes on os seus booktrailers Traballo Manuel Rodríguez Dacal Traballos Jorge Quevedo Tamén lemos narrativa, como Maxia de Pedra ou Tonecho de Rebordechao Traballo Saúl Nogueiras