COLABORACIÓN BIBLIOTECA: CONTAS ELBE

Este curso colaboramos coa biblioteca para activar as contas ELBE e que o alumnado goce da lectura nos dispositivos móbiles, vénnos de marabilla porque o alumnado que non pode mercar libros para ler ou deu chegado aos de préstamo da Biblioteca do IES Lagoa de Antela... XA PODE LER!!!


PASOS A SEGUIR:

1º. Vou ao navegador e escribo "ELBE 2". Premo na primeira ligazón.



2º. Cando estou en Elbe-2, premo no botón que pon IDENTIFICARSE (Arriba á dereita)



3. Escribo o meu nome de usuario e debaixo o contrasinal e dou lle a ENTRAR. Estes datos son os que che ofreceu a túa profe.




4. Agora aparece unha ventá emerxente e tes que premer no botón que pon IR AO SITIO WEB. Nesta pestana que se abre debes cambiar o contrasinal do teu  Elbe. RECORDA anotala na axenda e logo escríbea no ordenador. Fai boa letra e recorda se usas maiúsculas ou minúscular porque é importante.

5. A continuación xa podes ir a Elbe e repetir o paso 3, pero escribindo o teu novo contrasinal. Dáslle a entrar e xa estás no teu Elbe. Fíxate que na parte superior dereita aparece a inicial do teu nome o que indica que estás dentro da túa conta. Podes entrar na casa e personalizar poñendo unha foto se che apetece.




6. Preme na lupa que tes ao lado do círculo co teu usuario e escribe o nome da novela que imos buscar para ler: Cartas de inverno. Seleccionamos a novela e ábrese outra ventá.


7.  Cando estamos na páxina de información do libro só temos que collelo en préstamo premendo no botón de PRESTAR. (recorda que só podes ter dous libros en préstamo).



8. Como ves na imaxe xa podes comezar a ler no teu dispositivo móbil, tableta, ordenador. So tes qeu premer en LER. Cando remates non esquezas DEVOLVER!!!.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recollidada de Cantigas Populares da Limia

SAMAÍN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES