Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

GENIALLY PARA A EXPOSICIÓN ROSALÍA NA TÚA MAN

Despois de escoitar e ver a exposición "Rosalía na túa man" deixámosvos tres propostas de  actividades votación centón colectivo genially Post de instagram Amor a la vida Estético Beige de Loli Cid

ENQUISA - ROSALÍA NA TÚA MAN

Cargando…

ROSALÍA NA LIMIA

Imaxe
O 23 de febreiro celebramos o día do nacemento de Rosalía de Castro e a escritora andou de visita pola Limia. A súa poesía prendeu nas alcaldías dos concellos de Baltar, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. Os seus representantes abríronnos as portas para recitar uns versiños da obra en galego da poeta e así poder compartir con toda a veciñanza, a través das webs dos concellos, como nós o facemos a través desta pequena xanela, as súas verbas. A través das súas voces a escritora segue a encher de música e sentimento os nosos días achegándose tamén ao pobo e saíndo das aulas. GRAZAS!!!

21F: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

Imaxe
  DÍA DA LINGUA MATERNA. FALEMOS A LINGUA DA NOSA NAI, COIDEMOS DELA!!

ENTROIDO

Imaxe
  ENTROIDO. PANTALLAS DE XINZO DE LIMIA O entroido na web de Turismo da Xunta, espectaculares fotos A pantalla. Telemiño O Entroido no programa Alalá   CANTO SABES SOBRE AS MÁSCARAS GAELGAS? Cargando… Desde o CEIP Emilia Pardo Bazán chéganos este vocabulario do Entroido. A ver cantas palabras adiviñades? (recuperado de Aulas Galegas)

MÚSICA PARA O ENTROIDO EN GALEGO

Imaxe
 Se queres facer festa en galego aí che deixamos esta colección de música en galego para xente nova. Veña que estamos de ENTROIDO!!!

GOYA GALEGO: LUÍS ZAHERA

Historia de Instagram Boda de Cine vintage en colores neutros de Loli Cid

CALDO DA GLORIA

Imaxe
  Proposta de actividade para a FP Básica de Cociña I. Igual ca o curso pasado lanzámoslle a idea aos compañeiros para que se animen a cociñar o "Caldo de gloria" de Rosalía de Castro como nos sinalan paso a paso na web da Fundación.  " A Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha este 2023 no aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia." (da súa web. mirade a ligazón) PREME AQUÍ PARA VER DETALLES DA ACTIVIDADE

CONSELLOS TIC: KINEMASTER

 A profe Rosa Alonso déixanos estes consellos para a edición de vídeo co programiña do KINEMASTER. Animádevos é moi sinxelo e intuitivo. Certificado Vertical Diploma Moderno de Graduación colorido de Loli Cid GRAZAS

ROSALÍA NA TÚA MAN

 Febreiro é un mes intenso de emocións sempre porque o noso día a día vese envolto polos versos de Rosalía de Castro de cara ao día 23, para poder render homenaxe como merece á nosa poetisa. Este curso nace o proxecto Rosalía Viaxeira , como primeira actividade, coordinada polos EDLG do IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioquía e coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, a rapazada sairá a pegar uns paneis pola vila onde a cidadanía poderá conectar coa poesía da escritora a través da súa música. Deste xeito, o que non queira ler os versos de Rosalía pode cun clic no seu móbil escoitar a versión musical que lles ofrecemos a través dun código QR. Pareceunos unha idea exitosa ligar tecnoloxía e música para facer rexurdir os versos da nosa escritora e que puideran chegar a un público amplo.  Os paneis vanse colocar: Concello Biblioteca - Casa da Cultura Centro de Saúde Praza de Abastos, mercado Praza maior Rúa 2 de Maio: Supermercado Gadis Supermecado Eroski Centro de Saúde Estac