Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

SAMAÍN

Imaxe
Festexamos o Samaín un curso máis e van a seguir uns cantos recursos para traballar e algún para nos inspirar. INSPÍRATE SAMAÍN 2010 PÁNICO NA BIBLIOTECA PÁNICO NA BIBLIOTECA NA NOITE DO SAMAÍN LENDAS VIVAS: A SANTA COMPAÑA RECURSOS Orgullo Galego:  Samaín, Defuntos, Halloween e outras tradicións ? Orgullo galego: o magosto en galego AEDA: O mundo das ánimas, os defuntos e a noite de defuntos. Galicia Encantada: contos de m orte Noemí Pazó: Abecedario de seres doutro mundo Noemí Pazó: Tabú do Samaín Contos de medo compañeiros doutros cursos do IES Lagoa de Antela Seres fantásticos VOCABULARIO TERRORÍFICO Ademais. lembra visitar a páxina do blog onde tes a música de Samaín Aí van uns cadros de medo e o vocabulario terrorífico para inspirar as plumas do noso alumnado. Rosa Alonso Lozano

Concurso de contos de Samaín

Imaxe
  TEMAS Os textos teñen que incluír algún personaxe ou ser mitolóxico galego (meigas, trasnos, mouras, Santa Compaña, Sacaúntos...) FORMATO Os textos terán como máximo 500 palabras, estarán escritos a arial 12, dobre interliñado e xustificado. PRESENTACIÓN Entregaranse no correo de Dinamización: endlglagoa@gmail.com antes do 1 de novembro e en formato word ou pdf. Non poñas o teu nome real emprega un pseudónimo. Logo deixa os teus datos reais nun sobre con ese pseudónimo por fóra na conserxería do centro. XURADO O xurado estará formado polo equipo da Biblioteca e do EDLG do centro. PREMIO E entregaranse un primeiro e segundo premio. Os textos gañados difundiranse a través dos blogs de EDLG e Biblioteca e mais nas redes sociais do centro Non perdas máis tempo!! Corre e participa ou vasme dicir que tes MEDO!!!