Concurso de contos de Samaín

 

TEMAS

Os textos teñen que incluír algún personaxe ou ser mitolóxico galego (meigas, trasnos, mouras, Santa Compaña, Sacaúntos...)



FORMATO

Os textos terán como máximo 500 palabras, estarán escritos a arial 12, dobre interliñado e xustificado.



PRESENTACIÓN

Entregaranse no correo de Dinamización: endlglagoa@gmail.com antes do 1 de novembro e en formato word ou pdf.

Non poñas o teu nome real emprega un pseudónimo. Logo deixa os teus datos reais nun sobre con ese pseudónimo por fóra na conserxería do centro.



XURADO

O xurado estará formado polo equipo da Biblioteca e do EDLG do centro.



PREMIO



E entregaranse un primeiro e segundo premio.

Os textos gañados difundiranse a través dos blogs de EDLG e Biblioteca e mais nas redes sociais do centro



Non perdas máis tempo!! Corre e participa ou vasme

dicir que tes MEDO!!!

octubre | 2020 | ANPA do CEIP García Barbón

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

AS OBRAS DE TEATRO DO ENTROIDO