Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Agustín

POLOS CORREDORES DA MEMORIA HISTÓRICA

  CORREDORES DE SOMBRAS: LUZ NA MEMORIA Este é un proxecto de investigación sociocultural sobre a época na que trancorre a novela  Corredores de sombras  de Agustín Fernández Paz. OBXECTIVOS Investigación sobre a nosa historia de comezos do século XX a ver se somos quen de desfacernos das sombras que habitan os corredores da memoria das persoas que padeceron a traxedia da Guerra Civil. Traballar en equipo na procura, selección e interpretación da información. Transmitir de forma oral as conclusións da investigación Entrevistar as familias para conseguir percorrer os corredores da memoria e poñer luz a unha época con tantas sombras. TEMAS DE INVESTIGACIÓN ANTES DA GUERRA CIVIL As Irmandades da Fala O Partido Galeguista A II República en Galicia O Estatuto do 36 A GUERRA CIVIL EN GALICIA Golpe de estado do 36 O ditador, Francisco Franco A falanxe Os caciques Os paseos. Os fusilados. As cunetas As fosas comúns Os exiliados Os Fuxidos  A represión cultural. Censura, quei...

CARTAS DE INVERNO E A PINTURA

Imaxe
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz foi a lectura común para o alumnado de 1 eso na primeira avaliaciòn. A novela permitiu ao alumnado facer unha viaxe no tempo a través da Arte. Adrián, e artista de gravados e protagonista, merca en Galicia unha casa chea de mostras de gravados prehistòricos, petròglifos , e ademais, cun tesouro agochado no faiado: unha escolma de artistas de gravados do século xvi ao xx. Un deses gravados, A nena da ventá de Dali , cobra vida e comeza a comunicarse co protagonista ata o punto de atrapalo dentro da casa ata q sucumbe nas garras do monstro q encerra a cripta do labirinto de Mogor. Trala lectura, investigamos un chisco a q época pertencían os petròglifos galegos , cales eran as formas habituais e o significado e intentamos reproducilos a través da técnica do esgrafiado. Por outra parte o alumnado de 1b buscou informaciòn sobre os pintores da escolma , os seus estilos e cadros máis coñecidos. O alumnado de 1C fixo o mesmo pero buscando informaci...