Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta EDLG

CONCURSO AUDIOVISUAL DAS LETRAS

Imaxe
 Chegan os vídeos de promoción da Lingua Galega. O alumnado de 1º BAC estivo producindo anuncios facendo un uso arteiro da argumentación para que todos falemos a nosa lingua. E ti, xa a falas? Bótalle un ollo aos vídeos, se non a falas de seguro que a falarás!!! Os vídeos que resultaron premiados  foron os de Meriem, Antón, Lucía G. e Noa R.  Parabéns a todos polos vosos traballos. LISTAXE DE REPROCUCIÓN NO YOU TUBE

EXCURSIÓN A CELANOVA

Imaxe
 Un curso máis a visita de maio a Celanova tivo lugar cun grupo de 3º da ESO que pasou un día fabuloso en terras de Curros e puido disfrutar das actividades organizadas polo departamento de música, galego e o Concello de Celanova que tiña todo ben programado: Casa dos Poetas Biblioteca do IES Celso Emilio Praza Maior, mosteiro, Órgano Vilanova dos Infantes Castromao

TEATRO - XAN - ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
  Este vídeo é o resultado da interpretación dramática que fixo o alumnado de 1º ESO A do poema " Xan ", de Follas novas , da nosa escritora Rosalía de Castro. Esta tarefa estivo tamén vinculada ao PIE de igualdade onde o alumnado traballou os roles dentro do traballo partindo dunha pequena investigación nos seus fogares.

EXPOSICIÓN SAN XOÁN

Imaxe
 PARA ACHEGAR AO NOSO ALUMNADO ÁS NOSAS TRADICIÓNS MONTAMOS UNHA EXPOSICIÓN SOBRE AS HERBAS DE SAN XOÁN 

A NOITE DE SAN XOÁN

Imaxe
 HERBAS DE SAN XOÁN Cacho de San Xoán Herbas de San Xoán en Nós Diario RITOS, CRENZAS E TRADICIÓNS DESTA FESTA Cacharela Salto por riba do lume de san Xoán, para que non me trabe cadela nin can nin bicho vivinte que ande polo chan. Vídeo longo, pero que é feito coa plataforma TWICH, merece a pena, porque está gañando terreo como unha canle para crear contido en galego e neste caso a partir do minuto 14 fala do noso tema. Ritos e tradicións de San Xoán. Conversamos co antropólogo Rafael Quintía Versión ou explicación resumida do mesmo antropólogo Música para San Xoán  Achégase a noite de San Xohán e son moitos os ritos ligados a esta noite, todos eles purificadores e moitos contra o mal de ollo. Por iso deixo para todos vós este tema da Banda da Loba que leva por título "Cobiza".   Nesta liña tamén temos o tema de "Figa" das nosas Tanxugueiras     Unha aposta máis lúdica e infantil a de Uxía Lambona e a Banda Molona.  

EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS

Imaxe
 TRAS REALIZAR OS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE AS MULLERES DAS LETRAS E SOBRE AS PERSONAXES DAS OBRAS DE BEGOÑA CAAMAÑO ESTA FOI A EXPOSICIÓN FINAL. TRABALLO DO ALUMNADO DE 1º BAC

VSITA ANXO GONZÁLEZ GUERRA

Imaxe
  Anxo González Guerra veu deleitarnos coas súas historias e vivencias en relación ao noso idioma. Enfiounas de tal xeito que algo nos contaxiou da súa autenticidade. Aproveitamos a actividade para observar a naturalidade e cercanía con que conta as historias e sermos quen de aplicalas á hora de contar contos poñendo énfase na expresividade. Actividade para o alumnado de 2º ESO celebrada o 15 de maio no mes das Letras.   Estas son as fotos da contada. Grazas Chus Prol por organizar.

PIE DE IGUALDADE

Imaxe
 Visita da árbitra de fútbol profesional, Zulema González e da chef Begoña Vázquez  de Regueiro da Cova en Verín . Ambas falaron da súa experiencia profesional nun mundo de homes e ademais empregando a nosa lingua sempre en todo momento, co cal foron un exemplo de dinamización da nosa lingua. 

OBRADOIRO DE POESÍA CON CARLOS NEGRO

Imaxe
 A rapazada de 2º  ESO, despois de ler os poemarios de Carlos Negro, tiveron a sorte de facer un obradoiro  co escritor onde xogaron coa poesía.

PODCAST: Lectura continuada da obra de Rosalía de Castro

 Este luns 23 de febreiro e todos os recreos desta semana, desde a Biblioteca do IES Lagoa de Antela e o EDLG organizamos lectura da obra da poetisa para conmemorar este día tan sinalado e manter viva sempre a nosa Rosalía de Castro. Loli CID CID · Tembra un neno no húmido pórtico Loli CID CID · Podcast Día de Rosalía 2026: Lectura continuada Alborada, na voz do alumnado do Reforzo de Lingua do 1º ESO A e B. Loli CID CID · Alborada_reforzo 1º eso

MICROTEATRO DE ENTROIDO

Imaxe
 Neste curso 2025-2026 o Entroido o alumnado da ESO fíxenos pasar bos momentos coas súas obras de teatro cómico no que parodiaron distintas escenas da vida cotiá. Grazas  a Estela, Chus e Xabi por dedicarlle tempo ao teatro nas vosas aulas porque a rapazada disfruta un montón.  Seis foron os grupos participantes neste pequeno concurso de microteatro e a aula gañadora foi a de 1º ESO A. Parabéns a todos e todas polas interpretación e o traballo. REPRODUTOR DE VÍDEOS NO YOUTUBE

MICROTEATRO DE ENTROIDO

 Por 3º curso volve o concurso de microteatro de Entroido, porque estamos no tempo de rir!! Saturated Blue Children's Theater Advertisement Poster de Loli Cid

PAULA CARBALLEIRA, CONTACONTOS

Imaxe
Foto da web https://festivalabrapalabra.es/participantes/paula-carballeira/ Esta semana volvemos ás aulas e nada mellor que facelo coa visita de Paula Carballeira, unha convidada que é máis ca da casa, e sempre nos vén contar uns contos todos quedamos encantados, o alumnado e a artista.  Por motivos de saúde adiamos para este día a sesión de contacontos, xa nos quedaba lonxe a lectura dos Trece avisos , pero oalumnado de 1º ESO tivo un agasallo ben lindo na volta ao Instituto.

NADALIÑAS

Imaxe
 O NADAL 2025 non sería o mesmo sen o concurso de Nadaliñas que organiza o departamento de Educación Plástica co seu alumnado de 3º da ESO. Pronto os gañadores.

Antes de Nós

Imaxe
  O alumnado de 4º da ESO foi á casa da cultura do concello de Xinzo de Limia ver a película galega sobre o nso escritor Castelao. O concello convidou aos centros da vila e o noso alumnado acudiu en compañía do alumnado do Rosalía de Castro.

FESTA DE SAMAÍN

Imaxe
 Este curso o día 3º de decembro festexamos a primeira festa do calendario cun traballo multidisciplinar que supuxo a participación de distintas áreas (Inglés, Plástica, FPB Cociña, Galego) e a colaboración de máis de 100 familias. Desde o departamento de plástica fixeron o  tradicional concurso de cabazas :     Dende o departamento de Lingua Inglesa impulsouse un concurso de larpeiradas terroríficas que só foi posible coa colaboración das familias do noso alumnado e a coordinación da nosa compañeira Ana Iria .     A degustación das viandas só foi posible coa colaboración do profesorado e alumnado de FPB I e II que serviron a todo o alumnado e profesorado que quixo degustar estes manxares tan arrepiantes. Por último neste día aproveitamos para dar lectura aos textos gañadores do concurso de microrrelatos de Samaín, Organizado polo EDLG e o departametno de Lingua Galega , da man dos seus autores, Laura e Mateo.