Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 2024-2025

LETRAS GALEGAS 2025

Imaxe
 Comezamos o novo curso mais aínda neste 2025, por iso imos publicar algunhas cousiñas que quedaron pendentes do curso pasado. Sen dúbida, a actividade que máis disfrutei como coordinadora foi a das LETRAS GALEGAS. Foi moi especial este ano. Recoller as cantigas, acompañar as nenas nos ensaios, ver os maiores emocionados cando tocaron as rapazas, ver os compañeiros todos xuntos para sacar adiante as letras e os códigos QR para que a xente da vila puidese escoitar as cantigas polos bares... Emocionante. Dixamos algúns vídeos do día 16 de maio na vila de Xinzo. Vídeo das imaxes máis lindas destes días de traballo: 

VISITA AO NORTE DE PORTUGAL

Imaxe
 O alumnado de 2º da ESO coa súa profe de Galego e outros profesores que lles imparten clase van de visita á raia portuguesa pero da provincia de Pontevedra. A ocasión será idónea para a inmersión lingüística do alumnado ademais que cursa portugués. A disfrutar destas vilas tan fermosas FOLLETO DA ACTIVIDADE

FOLIADA DAS LETRAS

Imaxe
 Este 2025 as Letras Galegas foron dedicadas ás cantareiras e pandereteiras para visibilizar o papel da muller como transmisora do noso patrimonio inmaterial entre outros motivos. Sen dúbida a música tradi está máis de moda ca nunca entre os artistas galegos de hoxe, non só as Tanxugueiras, Fillas de Casandra ou Xabier Díaz, senón tamén artistas coma os que visitaron o noso centro, por exemplo: Xisco Feijoo ou Mondra, manteñen viva a nosa tradición adaptándoa cada un dun xeito singular e único. No noso IES son moitos os alumnos/as que se dedican no seu tempo de lecer a cantar ou tocar, xa que a Vila conta con conservatorio e escola de gaitas como dous dos varios axentes dinamizadores da cultura na vila. As nosas pandereteiras, dende as pequenas de 1º ESO ata as rapazas de Bacharelato: Mencía, Nía, Aldara, Naila, Daniela, Antías, Sandra, Iria e Estela foron as protagonistas da Foliada das Letras tocando e interpretando na praza Maior de Xinzo de Limia as cantigas que recolleu o alu...

ROTEIRO DAS CANTIGAS TRADICIONAIS DA COMARCA DA LIMIA

Imaxe
Neste mapa de Google podedes atopar un pequeno roteiro para escoitar as cantigas tradicionais galegas que recolleu o alumnado do IES Lagoa de Antela. Grazas ó inmenso traballo do profesor de plástica, Horacio, e a financiación do Concello de Xinzo de Limia, hoxe locen fermosas nas vidreiras dos lugares que aparecen marcados no mapa cunha nota musical azul. Séguelle a pista e bótate a cantar!! Este ano as Letras Galegas visibilizan a importancia dun legado que moitas veces estivo de portas para dentro, coma as súas protagonistas.  Grazas a todas as familias da comarca da Limia que participaron no proxecto e fixeron posible que teñamos tantas cantigas, e as que aínda nos están a chegar e non puidemos imprimir!!

Recollidada de Cantigas Populares da Limia

Imaxe
O noso alumnado, as familias e os maiores do centro de día da vila de Xinzo poden estar orgullosos de axudar a que o noso patrimonio inmaterial siga sendo obxecto de estudo e se recompile para que as xeracións posteriores poidan disfrutar da memoria e a cultura do noso pobo. Agradecida polo traballo e o esforzo das familias. PREME PARA VER AS LETRAS COMPLETAS Loli Cid · Letras Galegas 2025: Cantigas recollidas na Limia

A INSUA DOS POETAS

Imaxe
  Este venres, 8 de maio, o alumnado de 4º ESO puido ir ata a Ínsua dos Poetas no Carballiño para recoller os premios polas súas creacións literarias coas que participaron no concurso que organizaba a Asociación para conmemorar o ANO CASTELAO. Isaac e Nerea foron os preniados do IES Lagoa de Antela e acompañodos da súa profesora Carme Gómez que os soubo inspirar.  Aparecen máis abaixo lendo os seus textos.

CANTAREIRA: MATILDE DE SAN PEDRO DE LAROÁ

Nesta entrada do noso blog deixamos as cantiga recollida spor Hugo de 2º da ESO, que foi visitar á señora Matilde na súa casa museo en San Pedro de Laroá e viñeron fascinados pola súa sabedoría e xenerosidade. Son unhas cantigas ben especiais que deixamos para que poidades escoitar e cantar. NANA escrita pola cantareira e corista  LETRA I o meu meniño ten sono e non se quere durmir, cérranselle os olliños e xa nonos pode abrire. Durme meu meniño durme, que túa mai logho vén-e que foi lava-los cueiros ó regheiro de Reghene. Durme anxiño do ceo, que te quero ver durmire cuises olliños abertos pareces un querubín-e. Durme meu carrapuchiño túa nai ten que faghere; teño que fia-lo liño, ir lavare e cosere. Cala meu meniño cala cala deixa de chorare, que túa nai logo chega que xa acabou de lavare. Por fin cerrach´os olliños, estabas moi cansadiño. descansa meu corazón e soña cos teus anxiños. DESAFÍO LETRA COMPLETA Ei vos vai o desafío mozas do pano marelo. Hei vos vai o desafío pola pun...

Concurso de Videocreación das LETRAS!!!

  CONCURSO LETRAS 2025 de Loli Cid

REPORTAXE ERMELINDA DO MUÍÑO, CANTAREIRA

Imaxe
  Roi Mellado fixo un traballo completiño dedicado cantiga popular e afondou na voz de Ermelinda do Muíño, unha cantareira de Sarreaus que ao mellor vos soa de ver polo programa de Alalá da TVG. Vídeo Programa Hermelinda do muíño de Roi Mellado Terrados

Castellanos de Castilla

Imaxe
A nosa alumna Gabriela Lama, despois de ler "Castellanos de Castilla" de Rosalía de Castro decidiu investigar e preguntar a súa avoa porque tivo un irmán que pasou por eses duros traballos aos que ían os galegos por ver de gañar algún diñeiriño.

Concurso máscaras de entroido

Imaxe
 O tradicional concurso de máscaras de entroido que organiza o departamento de EPVA tivo boa acollida entre o alumnado de 1º e 3º da ESO.

VÍDEOS/AUDIOS DAS FAMILIAS ROSALÍA VIAXEIRA 2025

Imaxe
Agradecer a participación a todas as familias qeu quixeron celebrar conosco o Día de Rosalía este ano 2025. É unha marabilla escoitar os versos da poetisa en tantas voces. Gran traballo.  Isto é unha lista de vídeos se queredes ver o voso buscádevos na esquina superior dereita. Disfrutade da poesía!!! VÍDEOS AUDIOS Loli Cid · Rosalía viaxeira III. As familias cantan

ROSALÍA VIAXEIRA III, AS FAMILIAS CANTAN

Imaxe
  O mes de febreiro é o mes de Rosalía de Castro , a nosa escritora máis popular e para iso abonda con fixarse no seu primeiro libro de  Cantares gallegos .  Este curso é o punto final ao proxecto da Rosalía Viaxeira . Primeiro foron os nosos alcaldes e alcaldesas, logo foron os comerciantes da vila e este curso, como non podía ser doutro xeito, as protagonistas son as familias. OBXECTIVO Poñer en valor a figura e obra de Rosalía de Castro. Implicar as familias no proceso de ensinanza e aprendizaxe do alumnado. TAREFA 1- Conseguir que distintas persoas da familia reciten un poema de Rosalía de Castro, preferiblemente de  Cantares Gallegos . Para iso pide o poema á túa profesora, explicarache onde podes cambiar de voz para recitar. 2-  Grava cada unha das persoas nun arquivo de voz diferente . Asegúrate de que o micro está cerca e o volume é axeitado. E sube todos os arquivos a este glosario co teu nome como concepto. Recorda poñerlle nome a cada audio para saber...

MICROTEATRO DE ENTROIDO

 

OBRADOIRO XOGOS TRADICIONAIS

Imaxe
 Vicedirección organiza para o alumnado de 3º ESO un Obradoiro de Xogos Tradicionais a cargo da Asociación Cultural Xaquín Lourenzo, da Deputación Provincial de Ourense.

REGUEIFA CON SECHU SENDE E OS SEUS REFEITEIRXS

Imaxe
 O alumnado de 3º eso tivo unha xornada de poesía improvisada e reigueifaron con Sechu Sende e o alumnado do Marco de Camballón de Vila de Cruces que nos viñeron ensinar. Todos contentísimos. Actividade organizada co IES Cidade de Antioquía e con axuda de Noemí e a Arca da Noe.