ROTEIRO DAS CANTIGAS TRADICIONAIS DA COMARCA DA LIMIA
Neste mapa de Google podedes atopar un pequeno roteiro para escoitar as cantigas tradicionais galegas que recolleu o alumnado do IES Lagoa de Antela.
Grazas ó inmenso traballo do profesor de plástica, Horacio, e a financiación do Concello de Xinzo de Limia, hoxe locen fermosas nas vidreiras dos lugares que aparecen marcados no mapa cunha nota musical azul.
Séguelle a pista e bótate a cantar!! Este ano as Letras Galegas visibilizan a importancia dun legado que moitas veces estivo de portas para dentro, coma as súas protagonistas.
Grazas a todas as familias da comarca da Limia que participaron no proxecto e fixeron posible que teñamos tantas cantigas, e as que aínda nos están a chegar e non puidemos imprimir!!
Comentarios
Publicar un comentario