Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ENDL

GOYAS CON SABOR GALEGO

 O cine galego está de sorte!!!  E nós tamén, Tomás Novar afirmou que fala máis galego en Madrid ca nunca 💕💕💕💕 La Vanguardia : "Tamar Novas, actor, 39 años: ''En el colegio había profesores que se reían de cómo hablaba gallego. Lo hablo más desde que estoy en Madrid'' Beige Black Cinematic Film Lined Blank Notes A4 de Loli Cid

CONCURSOS SAMAÍN

  Un novo curso e o outono vainos traendo a primeira festa do calendario. Xa está pretiño o Día dos Defuntos e a noite de Samaín. Este ano imos celebralo no IES e xa podedes ir preparando os vosos contos de medo e mais as vosas representacións sobre as tradicións galegas que se celebran nestas datas!! CONCURSO DOBRE: REDACCIÓN E MICROTEATRO!! concursos de samaín de Loli Cid

REPORTAXE ERMELINDA DO MUÍÑO, CANTAREIRA

Imaxe
  Roi Mellado fixo un traballo completiño dedicado cantiga popular e afondou na voz de Ermelinda do Muíño, unha cantareira de Sarreaus que ao mellor vos soa de ver polo programa de Alalá da TVG. Vídeo Programa Hermelinda do muíño de Roi Mellado Terrados

CONCURSOS SAMAÍN

  Este curso 2024-2025 comezamos cunha chea de actividades que nos trae da súa man o outono. A primeira é a convocatorio dos concursos de Samaín. Modalidade MICROTEATRO DE SAMAÍN e RELATO DE SAMAÍN Déixamos as bases para todos os que queirades participar nos carteis de CANVA que pegamos tamén no taboleiro do EDLG. concursos de samaín de Loli Cid

SEMANA EUROPEA DA ARTESANÍA

Imaxe
  A colaboración co Proxecto de biodiversidade inclusiva ofreceunos a oportunidade de que o alumnado participara grazas a unha axuda da Unión Europea, a Artesanía de Galicia e ao propio concello de Xinzo en varios obradoiros de cestería (alumnado de 1º e 3º ESO) e outro de alfarería (4º ESO). Fantástico traballo e semana ao grande no cole con meios locais e autonómicos que se fixeron eco da actividade. OBRADOIRO DE BARRO EXPOSICIÓN DE ALFAREIROS DA ZONA  OBRADOIROS DE CESTERÍA

CESTERÍA: EXPOSICIÓN

Imaxe
Es mes de marzo montamos a exposición de cestas da comarca grazas ao traballo de investigación do alumnado de 1º ESO e á colaboración das familias.  Xa está montada, grazas a Lucía e Horacio, os docentes de Bioloxía e EPV que dirixen o Proxecto de Biodiversidade inclusiva e co cal colaboramos todo o curso encantadas.