Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta contos

VSITA ANXO GONZÁLEZ GUERRA

Imaxe
  Anxo González Guerra veu deleitarnos coas súas historias e vivencias en relación ao noso idioma. Enfiounas de tal xeito que algo nos contaxiou da súa autenticidade. Aproveitamos a actividade para observar a naturalidade e cercanía con que conta as historias e sermos quen de aplicalas á hora de contar contos poñendo énfase na expresividade. Actividade para o alumnado de 2º ESO celebrada o 15 de maio no mes das Letras.   Estas son as fotos da contada. Grazas Chus Prol por organizar.

PAULA CARBALLEIRA, CONTACONTOS

Imaxe
Foto da web https://festivalabrapalabra.es/participantes/paula-carballeira/ Esta semana volvemos ás aulas e nada mellor que facelo coa visita de Paula Carballeira, unha convidada que é máis ca da casa, e sempre nos vén contar uns contos todos quedamos encantados, o alumnado e a artista.  Por motivos de saúde adiamos para este día a sesión de contacontos, xa nos quedaba lonxe a lectura dos Trece avisos , pero oalumnado de 1º ESO tivo un agasallo ben lindo na volta ao Instituto.

CONTACONTOS PAULA CARBALLEIRA

Imaxe
 No mes dos libros, lectura do alumnado de 1º ESO na aula do libro Trece avisos e visita de Paula Carballeira, que unha vez máis meteu o medo no corpo e algún que outro susto ao alumnado cos seus contos e a súa forma inigualable de contar. Agradecidas unha vez máis.

CURTAS E CONTOS PARA SAMAÍN

Imaxe
OS DEFUNTOS FALABAN CASTELAO (Inspirado na obra de Anxel Fole) SOBRE A MORTE DO BIEITO O SUSO ( Adaptación do relato con este nome, do escritor, Xosé Luís Méndez Ferrín, do libro O crepúsculo e as formigas .). CONTOS PAR AOS MÁIS CATIVOS A BRUXA REGAÑADENTES FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS

TEXTOS DO CONCURSO DE RELATOS DO SAMAÍN 2022

 

VISITA PAULA CARBALLEIRA

Imaxe
  O venres 22 de maio visitou o IES Lagoa de Antela a contacontos, actriz, escritora...                                     Paula Carballeira Algúns momentos da contada...

RESULTADO DO CONCURSO DE SAMAÍN

Imaxe
  O resultado do concurso de relatos curtos deste Samaín 2021 foi otorgado a un alumno de 1º ESO e unha alumna de 2º ESO ex aequo .  Así de alegres estaban o/as artistas Ambos textos gustaron moito ao xurado. Aquí os tedes para que vós tamén os poidades ler. Brais Conde (1º ESO B) A LENDA DO BURATO DOS MOUROS María era unha nena de Bóveda, un pequeno pobo ao pé do Monte do Castelo. Bóveda era unha aldea fermosa e acolledora, chea de xente, case toda labrega. María tiña 8 anos e era unha nena intelixente e curiosa, á que lle gustaba ler e xogar cos seus irmáns. Un día, a súa nai mandouna ao Monte do Castelo a gardar as vacas. María estaba soa e aburrida. Para pasar o tempo buscou unhas pedras para xogar ás casiñas. Colleu pedras grandes e outras máis pequenas e de todas as cores. Entón, viu uns obxectos brilantes. Achegouse intrigada. Entre as herbas e os caxatos, alí estaban unhas taciñas que parecían de ouro. María alegrouse moitísimo, pero pensou: “terán dono?”  Non sab...