Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta sociolingüística

ENQUISA DE USO DE LINGUA ALUMNADO

 Este curso imos actualizar os datos de uso das linguas que conviven no centro e para iso precisamos que todo o alumnado responda a seguinte enquisa. Ollo, lembra de enviar as túas respostas. Grazas por colaborar. PREME AQUÍ

VIDEOCREACIÓNS LETRAS GALEGAS 2023

Imaxe
Deixamos unha listaxe de reprodución dalgúns traballos que o alumnado de 3º fixo inspirándose na forza de Francisco Fernández del Riego. A súa teima foi defender a esencia da nosa cultura, a Galicia, tarefa que ocupou toda a vida do autor das letras, sen importarlle poñerse en perigo. Esperamos que vos gusten.

PROXECTO COLABORATIVO GALICIA NOMEADA

Imaxe
Onte foi 26 de maio e tivemos a sorte de contar coa presenza no centro de Vicente Feijoo Ares.  Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, actualmente divide o seu tempo entre a tese doutoral que está a facer sobre Os nomes dos penedos en Galicia e traballar en xeral por salvagarar o noso patrimonio inmaterial a través dos nomes do territorio. Xa leva 23 anos no eido do traballo coa toponimia o que lle déron para coordinar o desaparecido Proxecto Toponimia de Galicia, para formar parte do Seminario de Onomástica da RAG, da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, da Comisión Especializada de Nombres Geográficos (Ministerio de Fomento). Actualmente ademais é coordinador da Unidade Técnica de Toponimia da RAG, e do proxecto colaborativo GALICIA NOMEADA , lugar no que nace a súa campaña de divulgación TOPONIMÍZATE , e asesor dos micro-documentais Os nomes da nosa terra .  Sen dúbida algunha hoxe o alumnado quedou cunha tarefa pendente na súa axenda, ser os gardiáns e...

21F: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

Imaxe
  DÍA DA LINGUA MATERNA. FALEMOS A LINGUA DA NOSA NAI, COIDEMOS DELA!!

Enquisa de uso da lingua galega

Imaxe
Este curso 2022-2023 o traballo do Equipo de Dinamización vai comezar por actualizar o uso da lingua galega dentro da nosa comunidade educativa. Desde xa podedes acceder ao cuestionario no que puxemos unhas 10 preguntiñas fáciles de responder e que nos permitirán observar se a Lingua Galega segue con boa saúde no noso centro. Recordade que só se pode enviar unha resposta polo que necesitamos que sexades coidadosos cando leades os enunciados e cando marquedes as vosas respostas. Moitas grazas por prestarnos un minutiño do voso tempo. Preme aquí para acceder ao formulario.

Enquisa sociolingüística curso 2021-2022

Convidamosvos a participar na enquisa que aquí figura coa maior seriedade posible para actualizar os datos de uso da lingua galega no centro. Agradecidos de antemán desde o ENDL Lagoa de Antela. Cargando…